InicioOLEIROSO cruce de Sol y Mar estará aberto antes de que finalice...

O cruce de Sol y Mar estará aberto antes de que finalice o ano

Publicada o

Por editor

As eternas obras do cruce de “Sol y Mar”, en Perillo, Oleiros, estarán rematadas antes de que remate o ano. Así o anunciou a subdelegada do goberno María Rivas, na súa visita á pé de obra, acompañada do alcalde de Oleiros, Angel García Seoane.
As obras, que deberían ter rematado este mes de setembro, aínda continuarán en marcha ata decembro, polo que a posta en servizo do paso soterrado permitirá comezar 2024 cunha mellor circulación.

Cómpre sinalar que a remodelación do enlace “Sol y Mar”, na AC-12, como unha obra “clave para favorecer a permeabilidade da área metropolitana da Coruña” ao tempo que mellora substancialmente a calidade de vida de veciñanza e das empresas desta contorna. Ademais, apuntou que o novo enlace “permítenos afrontar con tranquilidade outros proxectos de gran envergadura: a ampliación da Ponte Pasaxe e a remodelación da Avenida de Alfonso Molina”, sinalaron os membros do goberno. Proxectos que suman 72 millóns de euros de investimento.

NOVO ENLACE EN “SOL Y MAR”

Obras Cruce Sol y Mar 3
O novo enlace substituirá á actual intersección do “Sol e Mar” situada na  contorna do punto quilométrico 5,200 da estrada AC-12 en Perillo (Oleiros), a cal constitúe un dos principais accesos da cidade da Coruña e presenta unha intensidade de tráfico elevada (50.000 vehículos/día aproximadamente na zona de obras e ata 90.000 vehículos/día na Ponte da Pasaxe), o que resulta especialmente relevante tanto nas horas punta como en período estival.

 

Quedan pendentes de rematar a execución da laxa inferior de formigón armado, a cal garantirá a estanqueidade do recinto escavado, a finalización do sistema de drenaxe mediante a implantación dos equipos de bombeo, o afirmado da obra, a instalación de revestimento dos muros pantalla e diversos traballos finais de sinalización, balizamento, defensa e iluminación do paso inferior.

A execución destes traballos non modificará a actual fase de desvíos e afeccións ao tráfico motivadas pola execución das obras, producíndose actualmente a circulación do tráfico a través dos ramais laterais da nova ligazón da estrada AC-12.

ÚLTIMAS

Arquivan a investigación sobre o piso do edil coruñés Lage Tuñas

A Fiscalía acordou o arquivo das dilixencias de investigación preprocesal en relación ao cambio...

A comunidade da Rede Acampa pola Paz rendeu un aplauso colectivo ao activismo por Palestina

Mohamed Safa e o Persoal médico en Gaza, representado por Refaat Alathamna, recolleron...

A intermodal da Coruña estará finalizada en 2026 sinalan as diferentes administracións

Goberno, Concello da Coruña e Xunta reivindicaron os avances na execución das obras da...

Máis de 700 vivendas de uso turístico na Coruña non cumpren a ordenanza municipal

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Dinís Díaz Galego, cifrou en 747...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here