InicioSOCIEDADEConvocan os Premios de promoción da Lingua Galega "Mil Primaveras"

Convocan os Premios de promoción da Lingua Galega “Mil Primaveras”

Publicada o

Por editor

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) vén de convocar os V Premios Mil Primaveras. Un premio que trata de recoñecer proxectos de posta en valor e fomento do galego (2023) co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística.

Nados en 2019, recoñecen accións, campañas, proxectos e programas que teñen como finalidade promover o uso e o prestixio da lingua.

Participación, inscricións e prazo

Poden participar centros de ensino, entidades, persoas… 
Todas as candidaturas deberán ser de programas, proxectos ou accións xa desenvolvidas e con vixencia total ou parcial en 2020, 2021, 2022 ou 2023. Non se valorarán propostas de accións pendentes de levar a cabo nin se premiarán traxectorias de entidades, senón programas concretos desenvolvidos nalgún/s dos anos indicados.
A inscrición faise a través dun formulario dispoñible en www.milprimaveras.gal. Os proxectos deben presentarse por separado sen que haxa límite no número de candidaturas que pode rexistrar cada entidade ou persoa.
O prazo para inscribir proxectos estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2024.

Na edición convocada en 2022 recoñecéronse catro novos proxectos: Asociación Faladoiros Vigo (Asociación Faladoiros Vigo), Caranvexo TV (SNL do Concello de Moaña), Laboratorio de Apoderamento Lingüístico (Rexenerando, S. Coop. Galega) e Na Utopía (Na Utopía).

ÚLTIMAS

Lanzan unha campaña solidaria para crear a Fundación Daniela Vieito e apoiar a vítimas de abuso e malos tratos

Ponse en marcha dende A Coruña unha campaña de micromecenazgo para a creación da...

Manuel Casal Lodeiro presenta en Berbiriana o seu último e crítico libro sobre a transición enerxética

Este xoves, 30 de outubro ás 19:00 horas, Manuel Casal Lodeiro, o coordinador do...

Unha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

Un ano máis, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, coa axuda da Deputación...

Un camión de Estrella Galicia perde parte da súa carga en Sabón

Un camión de Estrella Galicia perdeu este luns parte da carga que transportaba cando...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here