InicioPOLÍTICAPaco Vázquez e a Constitución

Paco Vázquez e a Constitución

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Quixo estar o exalcalde socialista da Coruña, Paco Vázquez, na manifestación celebrada onte en Barcelona convocada por Sociedade Civil Catalá (SCC), á que se sumaron os partidos de PP e VOX. Suxeitando a Constitución na súa man, reivindicou a vixencia da Constitución e chamou a defendela, acusando os independentistas de “querer impor un modelo de sociedade, de adoutrinar e de converter as escolas en instrumento político”.

Vázquez, ao igual que os Alfonso Guerra ou Felipe González, volveu demostrar a evolución dereitista da vella garda socialista. Volvendo aos tempos das Cortes de Cádiz, mesturou nuns minutos a amnistía e autodeterminación (do que trataba a manifestación, calificados polo presidente de SCC como “atentado contra a democracia e os cimentos da convivencia”) coas malchamadas “liberdades”, os “golpistas”, “un novo Godoy”, “traidores”, “perxurio ideolóxico” ou ata “Venezuela”.

“Estamos aquí porque nos quieren robar Cataluña” e porque “nos quieren robar España”. “Non é un debate político entre constitucionalistas: é un proxecto para que uns sigan no goberno e outros avancen nos seus obxectivos independentistas e derrogar a Constitución”, sinalou Vázquez, que criticou que estas accións “deslexitiman a lei e a xustiza”.


XORNALISTAS INCREPADOS

Ao final da manifestación, algúns participantes increparon a xornalistas de TVE, TV3 e A Sexta cando tentaban conectar en directo, gritándolles ‘covardes’ e ‘manipuladores’.

O acto acabou con ‘O cant da Senyera’, o himno de España, o da Unión Europea e a canción ‘Resistiré’, do Dúo Dinámico.

ÚLTIMAS

Samuel Luiz, cinco anos do seu asasinato con tres condenados e novo homenaxe de recordo este venres na Coruña

Este venres cúmprense cinco anos do asasinato de Samuel Luiz, na madrugada do 3...

A veciñanza de 6 barrios únese e rescata a Festa dos Martelos

Hoxe, xoves 2 de xullo, e ata o sábado, o Martinete está de festa....

O Burgo volve á Idade Media co seu tradicional Mercado Templario

Arrincou este mércores o primeiro dos 5 días de Mercado Templario do Burgo. Ata...

O Peirao de Batería acolle unha mostra do fotógrafo David Sims desde o 21 de novembro

A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) anunciou que a súa próxima exposición, co título...