InicioA CORUÑA“Menos anuncios e máis recursos”: As traballadoras do GADIS saén á rúa...

“Menos anuncios e máis recursos”: As traballadoras do GADIS saén á rúa coa CIG

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este mediodía de mércores, as traballadoras da cadea de supermercados Gadis saíron á rúa ante a “abusiva carga de traballo” que sofren. Nunha concentración convocada pola CIG, as traballadoras berraron arengas como “menos anuncios e máis recursos”, ou “se queres enfermar, a Gadis vén currar”.

”Queremos traballar como galegas, non coma escravas” sinalan nun comunicado deixando claro que “estamos rebentadas, pero non van poder con nós”. Denuncian que levan “sufrindo dende hai moito tempo as prácticas laborais abusivas da empresa: xornadas que se alonganmáis alá do noso horario marcado, presión excesiva para realizar as tarefas, incremento esaxerado da carga de traballo (unha persoa ten que facer o traballo de dúas), non se suplen as ausencias por vacacións ou envermidade…”

Denuncian ademais que “nas caixas a situación é extrema: padecemos a vixilancia segreda no nosos posto por medio dunha empresa subcontratada ao efecto, remos que realizar numerosas tarefas ao mesmo tempo (cobrar, contestar ao teléfono, atender pedidos, embolsar, limpeza de cestos e carros, reposición…) sen que a empresa contrate os reforzos necesarios”.

Explican que este proceso leva endurecéndose dende 2020, “ano no que nos esixiron aínda máis alegando a nosa responsabiilidade coa poboación”.

Critican ademais os “inxentes beneficios” que ten a empresa, pero a falta de repercusión nas condicións laborais das traballadoras.

Rematan, con sorna, cambiando os clásicos slogans publicitarios da empresa e denunciando que “coma galegas, en Gadis non temos vida” ou “non queremos ser sempre as que lles chova enriba”.

ÚLTIMAS

A Agra do Orzán berrou contra a especulación arredor da vivenda

Encheuse a Praza das Conchiñas esta pasada mañá de sábado co gallo da concentración...

Os educadores do Programa Lecer consideran unha “falta de respecto” a falta da empresa e do Concello na primeira conciliación

Novo fito do conflito do Programa de Lecer. Mentres pasan as semanas e os...

EscapeMotor, o espazo radiofónico máis potente da provincia faise na CUAC FM

Cada xoves, ás 23:00h, as ondas da 103.4FM CUACFM acenden o motor. Xurxo Varela...

Un incendio nunha casa en Oleiros deixa ferida a unha menor tras quedar atrapada coa súa familia

Un incendio declarado este sábado nunha vivenda unifamiliar en Oleiros deixou ferida a unha menor...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here