- “A atención mundial está concentrada no que lle pasa aos israelís, non no que lle pasa aos palestinos”
- “O que fai Israel con Palestina é un racismo politicamente correcto”
- Tivéseme gustado que nos outorgasen ese dereito á autodefensa. Por que os palestinos non temos ese dereito? Por que se magnifica o dereito do pobo ucraniano, pero os palestinos somos terrotistas?
— —- —
Cos ollos do panorama mediático postos estes días nunha nova escalada de violencia entre Palestina e Israel, queremos falar con Mohammed Safa. Este oftalmólogo palestino leva máis de 30 anos afincado en Galicia, concretamente en Cee, pero mantén viva a conexión coa súa terra como activista e mediador.
Escritor de libros como ”Palestina: grito por la libertad” [Ed. O Castro], “La Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nó gordiano” [Ed. O Castro] ou ”La segunda Nakba Palestina” [Utopía Libros]) fala con rotunidade da ocupación que vive o seu pobo.
- Primeiramente, como estás?
As cousas están moi mal. Non pintan nada ben, a verdade.
- Estás en contacto con xente de alí?
Si, claro. Estou en contacto permanente con xente en Cisxordania, e de Gaza máis coas familias que viven en España, que si están en contacto, e eu sempre lles pregunto. Porque os palestinos somos unha familia común. Hoxe en Gaza, pero onte estaban en Xerusalem. Unha tónica constante.
- Como valoras as accións destes días?
Hai que dicir que a operación, dende o aspecto puramente militar, foi brillante. Ninguén é capaz de entender como foron capaz de romper todo o telón de aceito que ten Israel sobre Gaza, unha terra que ten ata o ceo vixiado 24horas… e aínda así, unha poboación sitiada, sen recursos, con embargos de terra, mar e aire, foron capaces de facer un acto de resistencia deste calado.
En todo caso, nada que ver coas accións realizadas contra os civís, que por suposto, non comparto.
- Se cadra, era necesario algo así para desbloquear unha situación que non avanza de ningún xeito?
Parece que a guerra de Ucrania ocultou o noso conflito. Parece que a invasión israelí xa estaba superada, e único que estaba a pasar era a mellora das relacións de Israel co resto de países árabes, ademais de occidente. E se cadra era necesario algo así, pero creo que a atención mundial está concentrada no que lle pasa aos israelís, non o que lle pasa aos palestinos. O coflito leva moitos anos, pero só salta aos medios de comunicación cando hai un israelí morto, e parece que conflito nace aquí, cando é un conflito crónico, e o estado israelí intenta sempre destextualizar a situación.
Non hai que olvidar que hai unha ocupación dende hai 75 anos. Unha colonización que vai comendo o territorio palestino.
O que fai Israel é un acto racismo politicamente correcto, coa connivencia de todo Occidente, que está outorgando licenza para que Israel defenda as súas colonias, cando a ocupación é unha ilegalidade no dereito internacional. De que se defenden? Está defendo as súas colonias, iso non é dereito internacional. A xustiza é inxusta e a legalidade é ilegal, neste caso.
- Que parece a resposta da dereita española apoiando sen miramentos a Israel, difundindo bulos…?
A dereita en España non me sorprende, porque hai unha conveniencia entre a extrema dereita que goberna en Israel e a dereita en Europa.
Todo o que pasou na historia da humanidade é que a vida duns vale máis que a doutros, e segue latente esa mentalidade de que os brancos son mellores que os negros.
É estrano ver como Europa lle outorga o dereito de autodefensa a Israel. Tivéseme gustado que nos outorgasen ese dereito á autodefensa. Por que os palestinos non temos ese dereito? Por que se magnifica o dereito do pobo ucraniano, pero os palestinos somos terrotistas?
- Que cres que vai pasar?
Espérannos días e semanas longas e escuras. Israel vai intentar asesinar palestinos ata que se inche. Agora mesmo é un toro ferido. O Estado sinte que lle teñen humillado, e agora é o momento de poder restrablecer o seu poderío, e o único que saben facer é matar, aplastar a poboación.
Agora están intentando cortar a auga, luz… A vida dos palestinos estase convetindo nunha milagre, nestas condicións.
Se non fose un pobo convencido das súas raíces, estaría morto. Fomos e somos expulsados, fomos e somos ocupados, aplastados, asasinados… pero seguimos pensando que o mañá é noso, como pobo libre.
Non queremos ter un imperio, queremos ter un estado libre, pero imos pagar un prezo moi caro.
Os escenarios abertos todos dirixen á continuidade do conflito, de maior confrontación. Non se vislumbra unha solución. Cómpre lembrar que estamos na 5ª guerra sobre a franxa de Gaza, e sempre se di que pode haber unha solución, pero nunca pasa, a ocupación vai seguir igual así ata que haxa un novo israelí morto.
- E esa posible solución dos dous estados?
É un discurso agotado, ata o que o din saben que nunca foi unha proposta real nin hoxe nin nunca. Podería ser a mellor forma diplomática para saír do paso, pero creo que non é unha opción realizable.