InicioMOV. SOCIAISMohamed Safa: “Por que os palestinos non temos ese dereito á autodefensa...

Mohamed Safa: “Por que os palestinos non temos ese dereito á autodefensa que Europa si llo outorga a Israel? ou a Ucrania?”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • “A atención mundial está concentrada no que lle pasa aos israelís, non no que lle pasa aos palestinos”
  • “O que fai Israel con Palestina é un racismo politicamente correcto”
  • Tivéseme gustado que nos outorgasen ese dereito á autodefensa. Por que os palestinos non temos ese dereito? Por que se magnifica o dereito do pobo ucraniano, pero os palestinos somos terrotistas?

— —- —

Cos ollos do panorama mediático postos estes días nunha nova escalada de violencia entre Palestina e Israel, queremos falar con Mohammed Safa. Este oftalmólogo palestino leva máis de 30 anos afincado en Galicia, concretamente en Cee, pero mantén viva a conexión coa súa terra como activista e mediador.

Escritor de libros como ”Palestina: grito por la libertad” [Ed. O Castro],  “La Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nó gordiano” [Ed. O Castro] ou La segunda Nakba Palestina” [Utopía Libros]) fala con rotunidade da ocupación que vive o seu pobo.

  • Primeiramente, como estás?

As cousas están moi mal. Non pintan nada ben, a verdade.

  • Estás en contacto con xente de alí?

Si, claro. Estou en contacto permanente con xente en Cisxordania, e de Gaza máis coas familias que viven en España, que si están en contacto, e eu sempre lles pregunto. Porque os palestinos somos unha familia común. Hoxe en Gaza, pero onte estaban en Xerusalem. Unha tónica constante.

  • Como valoras as accións destes días?

Hai que dicir que a operación, dende o aspecto puramente militar, foi brillante. Ninguén é capaz de entender como foron capaz de romper todo o telón de aceito que ten Israel sobre Gaza, unha terra que ten ata o ceo vixiado 24horas… e aínda así, unha poboación sitiada, sen recursos, con embargos de terra, mar e aire, foron capaces de facer un acto de resistencia deste calado.
En todo caso, nada que ver coas accións realizadas contra os civís, que por suposto, non comparto.

  • Se cadra, era necesario algo así para desbloquear unha situación que non avanza de ningún xeito?

Parece que a guerra de Ucrania ocultou o noso conflito. Parece que a invasión israelí xa estaba superada, e único que estaba a pasar era a mellora das relacións de Israel co resto de países árabes, ademais de occidente. E se cadra era necesario algo así, pero creo que a atención mundial está concentrada no que lle pasa aos israelís, non o que lle pasa aos palestinos. O coflito leva moitos anos, pero só salta aos medios de comunicación cando hai un israelí morto, e parece que conflito nace aquí, cando é un conflito crónico, e o estado israelí intenta sempre destextualizar a situación.
Non hai que olvidar que hai unha ocupación dende hai 75 anos. Unha colonización que vai comendo o territorio palestino.

O que fai Israel é un acto racismo politicamente correcto, coa connivencia de todo Occidente, que está outorgando licenza para que Israel defenda as súas colonias, cando a ocupación é unha ilegalidade no dereito internacional. De que se defenden? Está defendo as súas colonias, iso non é dereito internacional. A xustiza é inxusta e a legalidade é ilegal, neste caso.

  • Que parece a resposta da dereita española apoiando sen miramentos a Israel, difundindo bulos…?

A dereita en España non me sorprende, porque hai unha conveniencia entre a extrema dereita que goberna en Israel e a dereita en Europa.
Todo o que pasou na historia da humanidade é que a vida duns vale máis que a doutros, e segue latente esa mentalidade de que os brancos son mellores que os negros.

É estrano ver como Europa lle outorga o dereito de autodefensa a Israel. Tivéseme gustado que nos outorgasen ese dereito á autodefensa. Por que os palestinos non temos ese dereito? Por que se magnifica o dereito do pobo ucraniano, pero os palestinos somos terrotistas?

MOhamed Safa-Foto-David Lourido
Mohamed Safa-Foto-David Lourido
  • Que cres que vai pasar?

Espérannos días e semanas longas e escuras. Israel vai intentar asesinar palestinos ata que se inche. Agora mesmo é un toro ferido. O Estado sinte que lle teñen humillado, e agora é o momento de poder restrablecer o seu poderío, e o único que saben facer é matar, aplastar a poboación.
Agora están intentando cortar a auga, luz… A vida dos palestinos estase convetindo nunha milagre, nestas condicións.
Se non fose un pobo convencido das súas raíces, estaría morto. Fomos e somos expulsados, fomos e somos ocupados, aplastados, asasinados… pero seguimos pensando que o mañá é noso, como pobo libre.
Non queremos ter un imperio, queremos ter un estado libre, pero imos pagar un prezo moi caro.

Os escenarios abertos todos dirixen á continuidade do conflito, de maior confrontación. Non se vislumbra unha solución. Cómpre lembrar que estamos na 5ª guerra sobre a franxa de Gaza, e sempre se di que pode haber unha solución, pero nunca pasa, a ocupación vai seguir igual así ata que haxa un novo israelí morto.

  • E esa posible solución dos dous estados?

É un discurso agotado, ata o que o din saben que nunca foi unha proposta real nin hoxe nin nunca. Podería ser a mellor forma diplomática para saír do paso, pero creo que non é unha opción realizable.

ÚLTIMAS

Kirk deixa na Coruña árbores caídas, moita chuvia e caos no transporte

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Este xoves redúcense as afectacións ao tráfico na avenida de Alfonso Molina

As afectacións ao tráfico na avenida Alfonso Molina, na Coruña, reduciranse a partir do...

A Coruña, en aviso amarelo este xoves por ondas de ata 5 metros

Os fenómenos costeiros, con ondas de ata cinco metros, porán este xoves en aviso...

A alcaldesa da Coruña reclama para a cidade o ‘papel líder’ na inauguración da mostra ‘Pensamento de Cidade’

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, reivindicou o "papel líder" da urbe coruñesa na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here