InicioARTEIXOEva Sánchez Ramilo será a nova concelleira do PSOE de Arteixo

Eva Sánchez Ramilo será a nova concelleira do PSOE de Arteixo

Publicada o

Por editor

Trala dimisión de Patricia Boedo como concelleira e voceira, o PSOE arteixán move ficha e presenta a Eva Sánchez Ramilo (Arteixo, 1975) como nova concelleira. Veciña da parroquia de Oseiro, Diplomada en Relacións Laborais e pensionista, é presidenta do Comité Arbitral da Federación galega de Boxeo e membro da Asociación xuvenil Xiradela de Arteixo.

Ademais, Ana Cedeira Zas substituirá a Boedo voceira do grupo municipal socialista de Arteixo. Cedeira é concelleira do PSOE de Arteixo desde 2015, foi portavoz da Plataforma de Afectados por Preferentes de A Coruña e activista feminista na Plataforma Feminista da Coruña.
“Agradezo a confianza dos compañeiros e compañeiras para liderar o grupo municipal” afirma Cedeira, “unha tarefa de moita responsabilidade que tentarei facer con respecto e de forma propositiva fronte á prepotencia dun goberno do PP que leva anos gobernando de costas á cidadanía”

 

Máis novas

A portavoz municipal do PSOE en Arteixo, Patricia Boedo, renuncia á súa acta de concelleira por “motivos persoais”

ÚLTIMAS

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here