InicioBARRIOSA Fundación Luís Seoane consegue rehabilitar unhas ruínas e convertela no Parque...

A Fundación Luís Seoane consegue rehabilitar unhas ruínas e convertela no Parque do Eirón

Publicada o

Por editor

Levaba moitos anos sen desuso a “eira” (así a chamaban) que estaba entre a Fundación Luís Seoane e a Igrexa da Orde Terceira de San Francisco. Un espazo cunhas ruínas dunha antiga edificación que necesitaba unha rexeneración, como entendía Fermín Blanco dende hai máis dunha década. Xa dende que nacera o proxecto Nenoarquitectura, que desenvolve a Fundación dende 2015, existiu a inquedanza de recuperalo, e así nacía Proxecto Eirón.

Este sábado dábase remate a unha fase do proxecto, coa apertura do Parque do Eirón (nome inventado pola rapazada que cada sábado aprenden nocións de arquitectura coa Fundación). Son 1.500 metros cadrados de áreas verdes na contorna da muralla histórica moi necesarios nunha zona como a Cidade Vella, carente de zonas de ocio verde.

O parque cumple parámetros de accesibilidade universal. O acceso ao Eirón faise a través dun pequeno bosque que dá entrada ao espazo, unha transición natural entre os edificios e a muralla. O Concello levou a cabo un investimento de 220.000 euros para completar os traballos.

A xornada incluíu ademais unha serie de actividades realizadas pola Fundación.

 

ÚLTIMAS

U-lo Mundial? “Tranquilidade”

Moito se fala estes días na cidade do Mundial 2030. E máis que se...

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

Está inmerso o PP e concretamente a súa Secretaria Xeral Paula Prado, nunha campaña...

Jorquera anuncia que non será candidato do BNG nas Municipais de 2027

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que non vai...

Comezan as demandas obras de humanización da rúa Ángel Rebollo, en Monte Alto

Leva anos a veciñanza de Monte Alto denunciando o lamentable estado da rúa Ángel...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here