InicioA CORUÑASabes canto se gaña por ter unha vivenda alugada na Coruña?

Sabes canto se gaña por ter unha vivenda alugada na Coruña?

Publicada o

Por editor

A rendibilidade bruta polo aluguer dunha vivenda sitúase no terceiro trimestre en Galicia no 4,8%, o que supón menos que o 6,27% da media española, segundo un estudo de pisos.com. De feito, A Coruña está na media galega, cun 4,76% de rendemento.

Esta rendibilidade en España fíxase por unha vivenda tipo de 90 m2 cun prezo de 188.010 euros e unha renda media mensual de 983 euros, polo que un propietario obtivo 11.804 euros brutos anuais, é dicir, un 6,27% de rendibilidade.

Por comunidades, na cabeza está Castela-A Mancha (7,64%), seguida de Estremadura (7,39%) e Aragón (6,83%). Galicia ocupa o undécimo posto por autonomías. No outro extremo sitúase o 3,98% da Rioxa.

Entre as 20 principais capitais españolas, Murcia sitúase como a máis rendible, cun 7,28%. Aquí aparece A Coruña no posto 17º, cun 4,76%.

O director de Estudos de pisos.com, Ferran Font, destaca que “o arrefriado da compravenda no mercado inmobiliario está a provocar que os prezos do aluguer rompan marcas“. Neste sentido, “ao non liberarse oferta o acceso á vivenda complícase para a demanda”. A pesar de que dito arrefriado posiblemente se traslade aos prezos “hai que esperar ata principios de 2024 para confirmalo”.

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here