InicioBARRIOSO papel do asociacionismo empresarial cobra protagonismo conmemoración do 60 aniversario do...

O papel do asociacionismo empresarial cobra protagonismo conmemoración do 60 aniversario do polígono de Agrela

Publicada o

Por europapress

Esta pasada noite de venres tivo lugar a conmemoración do 50 aniversario da Asociación de Empresarios de Agrela, da cidade herculina, así como dos 60 anos do parque industrial.

Un polígono inserido na cidade que alberga máis de 500 empresas e os 20.000 postos de
traballo que alberga este parque empresarial, “que xa non é só un centro industrial de referencia, con firmas de primeiro nivel como Estrella Galicia ou Vegalsa, senón que cada vez está máis unido a esta cidade e aos coruñeses e coruñesas, que pasean por el e desfrutan dunha oferta de servizos que foi a máis nos últimos anos”, como dixo o delegado do goberno Pedro Blanco.

Este centro industrial é un perfecto espello da evolución da cidade nestes 50 anos, podendo poñer en valor todo o conseguido, pero tamén reivindicar que este proxecto “está máis vivo que nunca grazas aos empresarios”.
O delegado do goberno tivo palabras de agradecemento para Manuel Aurelio García Santamaría, histórico dirixente de Ipasa.

Alfonso Rueda e Pedro Blanco no 50 aniversario da Asociacion Empresarios Agrela

Tamén estivo residente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou ao papel do asociacionismo empresarial na cidade e o polígono “referente industrial” en toda Galicia. Ademais, dixo que contar cun tecido produtivo “forte, innovador e moderno é bo para o conxunto da sociedade”.

 

ÚLTIMAS

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña pide frear os desafiuzamentos e “acabar coa especulación”

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña urxe paralizar os desafiuzamentos e "acabar...

Á rúa por unha reforma integral no CEIP Cidade Vella

Xa protafonizaron unha rotunda manifestación no novembro pasado por unha escola digna. Pero o...

A Coruña reclama á Xunta 3,6 millóns para vivenda tras ser declarada mercado tensionado

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar á Xunta que xestione os fondos...

Abre a Casa da Veeduría, un novo espazo de uso público da Cidade Vella

As novas instalacións da Casa da Veeduría xa están abertas á cidadanía. A alcadesa...