InicioECONOMÍAAbordan na Coruña o desenvolvemento azul nos portos galegos para o crecemento...

Abordan na Coruña o desenvolvemento azul nos portos galegos para o crecemento sustentable

Publicada o

Por monchomarino

Autoridades e expertos apelaron a impulsar o “crecemento azul” nos portos para impulsar o aproveitamento sustentable dos recursos. Así se expuxo por parte dos asistentes á presentación das bases para a estratexia de crecemento azul do porto da Coruña, un acto que contou coa presenza, entre outros, do conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

Nel, o titular do departamento autonómico destacou a aposta da Autoridade Portuaria da Coruña pola sustentabilidade e a xestión responsable dos recursos mariños, en liña, engadiu, coa da Xunta de Galicia polo crecemento azul.

Tamén subliñou a “conversión” de Punta Langosteira nun “porto excelente do século XXI” e abordou as actuacións da Xunta para dispor dun plan de actuacións, “fundamentalmente en materia de conservación e recuperación da biodiversidade do oceáno e da costa”, engadiu.

O acto contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, e do presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, que incidiu no obxectivo desta de impulsar iniciativas “que redunden nun aproveitamento sustentable de recursos mariños, na innovación e a modernización”.

DOCUMENTO

O documento que expón as bases para o crecemento azul foi elaborado por Fernando González Laxe e Federico Martín Palmeiro, investigadores do Instituto de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña.

Ambos puxeron de relevo a importancia de que as autoridades portuarias sexan institucións proactivas nas súas áreas de influencia, xerando economías de escala e liderando a transición dixital, entre outros factores.

Sinalaron que o 80% do comercio internacional realízase por vía marítima e, no caso da Coruña, apuntaron a oportunidade que se presenta para converter o porto nunha referencia como centro enerxético, liderar a transición ecolóxica, impulsar a electrificación e os novos combustibles ou favorecer a economía circular, ademais de promover as actividades urbanas nos espazos portuarios.

O documento sinala que as principais empresas que operan no Porto da Coruña prevén facturar entre 2023 e 2027 máis de 86 millóns de euros, e investir 80 millóns no mesmo período.

Sinala, no entanto, que se trata dunha estimación de mínimos, xa que, tal como lembrou Fernández Prado, os novos operadores que se instalarán en Punta Langosteira, en actividades de economía azul vinculadas ás novas enerxías, xa están a tramitar proxectos que suman investimentos por 1.500 millóns de euros at

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here