InicioPOLÍTICAO PP volve esixir transparencia no caso dos contratos da canceira municipal

O PP volve esixir transparencia no caso dos contratos da canceira municipal

Publicada o

Por editor

Incide o PP da Coruña estes días, ademais das críticas polas pingueiras no Palacio da Ópera, no caso da canceira. I é que xa pediu hai case 3 meses copias do informe técnico que avaliou as ofertas presentadas e a oferta que presentou a empresa adxudicataria, e aínda non recibiu a documentación.

O grupo popular fai esta petición tras coñecer que unha das empresas que se presentou ao concurso vén de presentar denuncia penal.

“Debemos deixar ao xuíz que investigue e tamén son un gran defensor da presunción de inocencia”, sinala Miguel Lorenzo ao tempo que lanza este aviso pola prensa, despois de non recibir resposta do consistorio dende o 9 de agosto.

“No seu momento chamáronnos a atención varias cousas: que este contrato se adxudicase en Xunta de Goberno extraordinaria e urxente, dous días antes das eleccións municipais, e que se unificase coa de
residencia e esterilización, cun incremento do 33% sobre o custo por separado”, sinala o voceiro do PP. “Pero o que máis nos chamou a atención foi que a empresa adxudicataria fose a que xa estaba, que foi moi criticada polo propio goberno municipal. O concelleiro de Medio Ambiente dixera no Pleno xuño de 2022 que a situación do centro de acollida, ‘é tristemente a de un centro desbordado e obsoleto e presenta claras carencias’”.

Ante esta situación, o PP pide “transparencia, cando o xulgado dá agora dez días ao Goberno municipal para enviarlle o expediente de adxudicación do contrato, polo que esperamos que o goberno municipal responda agora a nosa solicitude e envíanos a documentación solicitada”.

ÚLTIMAS

A Policía Nacional investiga disparos contra a fachada dun edificio no Agra do Orzán

A Policía Nacional investiga uns disparos rexistrados na tarde deste sábado contra a fachada...

O transporte da Coruña para de novo ante a mediación clave do luns

O transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña rexistrou este venres unha...

Os cursos do Fórum e do Ágora seguen sen data de inicio ante a indignación de profesorado e alumnado

Continúa a incerteza arredor dos cursos Culturais do Programa de Lecer do Fórum e...

O Concello da Coruña pecha parques e xardíns e mantén a costa precintada polo temporal en alerta vermella

O Concello da Coruña decidiu pechar parques e xardíns municipais e manter precintada toda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here