InicioSOCIEDADEBorrasca Celine: Activada outra alerta laranxa polo temporal costeiro

Borrasca Celine: Activada outra alerta laranxa polo temporal costeiro

Publicada o

Por europapress

Despois desta mañá de treugua, con algo de sol e todo, todo o litoral costeiro da provincia da Coruña permanecerá en alerta laranxa a partir do mediodía deste luns ante a previsión de ventos de forza 7 e ondas de ata 6 metros. A chegada da borrasca ‘Celine’ fai que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta acordase esta medida.

Xa foron informados concellos, diputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos.

A Xunta remarca que debe permanecerse afastado da liña de costa diques, rompentes e paseos marítimo, así como que se extremen as medidas de seguridade en calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

ÚLTIMAS

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Fermosa, emotiva e comprometida noite de sábado a vivida no Parque Europa. A Asociación...

O Monte Costa, en Culleredo, sofre un incendio forestal

Non libra a comarca da vaga de lumes que sofre Galicia. Un incendio forestal...

Lembrando os 100 anos do busto de Pondal nos Xardíns

O Circo de Artesáns organizou este pasado sábado unha homenaxe polo 100 aniversario do...

A Copa Galicia volve xuntar na Coruña aos 4 grandes do baloncesto galego

A Copa Galicia de Baloncesto volverá celebrarse na Coruña os días 5 e 6...