InicioMOV. SOCIAISO Obelisco tamén parou a guerra en Oriente Medio

O Obelisco tamén parou a guerra en Oriente Medio

Publicada o

Por Redacción

O Obelisco da Coruña acollía este domingo unha das concentracións da Xornada Estatal “Paremos a Guerra en Oriente Medio. Non esquezamos Gaza”, organizado pola plataforma PararLaGuerra.es en máis de 140 localidades de toda España.

Entre as organizacións que asistiron ás distintas concentracións Galegas están PSOE,XSG, Movemento Sumar, Recortes Cero, UCE, CCOO, UGT, M+J, HOAC, Amnistía internacional, Mundo sen Guerra e sen Violencia.

A plataforma leva desde outubro de 2023, denunciando o xenocidio israelí da poboación palestina na Franxa de Gaza. Desde entón, publicou oito manifestos e organizou sete días de manifestacións en localidades de toda España.

Nas concentracións, leuse en voz alta o Manifesto asinado por máis de 1.500 persoas. Entre os asinantes atópanse 194 organizacións de diversas tendencias políticas e 200 figuras destacadas do mundo da cultura, como os cineastas Alauda Ruiz de Azúa, Manuel Gutiérrez Aragón e Icíar Bollaín; os actores Juan Echanove, Isabel Ordaz e Vicky Peña; os escritores Rosa Montero, Juan José Millás e Cristina Peri-Rossi; e os músicos Rodrigo Cuevas, Miguel Ríos, Joan Manuel Serrat e Sara Socas. A lista de asinantes tamén inclúe expertos xurídicos como Baltasar Garzón, Carlos Jiménez Villarejo, Cristina Almeida, Manuela Carmena, Manuel de la Rocha e Paquita Sauquillo.

En A Coruña, leeuse entre varios dos asistentes o Manifesto, que “condena inequivocamente os ataques levado a cabo por Estados Unidos e Israel contra Irán, que constitúen unha violación do dereito e a legalidade internacionais. Son unha grave ameaza para a paz na rexión e un perigo para a paz mundial”.

«Condenamos firmemente o réxime criminal dos aiatolas e o asasinato de miles de persoas nos últimos meses… É o pobo iraniano quen debe decidir o seu futuro.

Nada xustifica os bombardeos salvaxes dos Estados Unidos e Israel que mataron a centos de persoas inocentes.Esta asociación está totalmente comprometida coa loita polos dereitos das mulleres, contra as execucións e pola liberación das presas políticas, así como co movemento «Mulleres, Vida e Liberdade» de 2022 tras o asasinato de Jina Mahsa Amini.

«Condenamos o goberno iraniano polas masacres que está a cometer. Nos últimos meses, mataron a miles de persoas nas rúas; algunhas estimacións son de 20.000. Durante 47 anos, este goberno leva masacrando, torturando e violando continuamente os dereitos humanos de homes, mulleres e nenos de todas as etnias… co máis alto nivel de represión.

Pero ao mesmo tempo, condenamos o ataque militar estadounidense e israelí contra o pobo iraniano. A democracia e a liberdade non se poden levar a un pobo mediante bombas e ataques. Esperabamos, e aínda esperamos, que a situación se poida resolver mediante negociacións. Agora a guerra debe parar e entón o pobo debe cambiar o goberno de Irán. O goberno iraniano está a matar xente, pero agora moitos máis están a morrer… están a bombardear rúas e casas… coa escusa de que os almacéns do goberno están situados debaixo, o mesmo que din e fan en Palestina e Gaza».

A concentración concluíu co canto de “Só a pido a Deus”, agora símbolo das concentracións organizadas por Parar La Gerra

Máis novas

A Agra do Orzán berrou contra a especulación arredor da vivenda

Centos de traballadores do comercio maniféstanse na Coruña por un convenio “digno”

ÚLTIMAS

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

O luns comezará a retirada da duna de Riazor

O Concello comeza o vindeiro luns, 4 de maio, os traballos para retirar da...

Os médicos manteñen as moblizacións por un convenio propio mentres avanzan as negociacións coa Xunta

O sindicato O'Mega mantén o calendario de folga e de mobilizacións para conseguir un...

Xa hai datas para as inscricións nos campamentos municipais de verán

Presentou hoxe o Concello da Coruña o programa dos necesarios Campamentos municipais de Verán....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here