InicioA CORUÑAFAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Publicada o

Por Redacción

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana. A FAVA amosa a súa preocupación pola falta de información oficial sobre o novo deseño de paradas e itinerarios do transporte metropolitano dependente da Xunta de Galicia. A entidade que vai manter próximamente unha reunión con directora territorial, considera que esta ausencia de datos está a impedir que as asociacións veciñais e a cidadanía poidan coñecer con antelación os cambios previstos e avaliar o seu impacto real na súa mobilidade diaria.

Nas últimas semanas, diversas asociacións da área metropolitana trasladaron á Federación o seu malestar pola opacidade do proceso, denunciando que se están anunciando modificacións de servizos e que aínda non contan cunha explicación clara das razóns e consecuencias que no servizo poden ter estes cambios.

A Federación subliña que a planificación do transporte metropolitano é un servizo público esencial, e lembra que calquera reestruturación debe realizarse con criterios de transparencia. Así mesmo, a entidade veciñal considera imprescindible que a administración autonómica habilite un período de exposición pública suficiente, no que as asociacións veciñais da Coruña e a cidadanía poidan analizar a documentación, formular alegacións e coñecer con detalle a realidade dos cambios previstos. Sen esta fase de participación, a cidadanía queda excluída dun proceso que afecta directamente á súa mobilidade, ao acceso a servizos e á conexión entre barrios e municipios.

A Federación lembra que a área metropolitana da Coruña precisa un sistema de transporte coherente, accesible e planificado con visión territorial, e insta á Xunta a rectificar a falta de transparencia, garantir información veraz e completa antes de calquera modificación.

Máis novas relacionadas

Hai intereses no transporte metropolitano?

FAVA denuncia os problemas do transporte metropolitano dependente da Xunta 

Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

CSIF denuncia “falta de planificación” na nova cabeceira de autobuses interurbanos da Coruña

ÚLTIMAS

A CRMH da Coruña cede o seu arquivo audiovisual á Deputación para a súa dixitalización

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) vén de formalizar a...

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...

A Xustiza filipina aprecia probas contra os policías acusados de Diego bello e rexeita arquivar o caso

Xustiza filipina rexeitou arquivar o caso pola morte do coruñés Diego Bello, ocorrida o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here