InicioA CORUÑAOs Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade...

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e os concellos da área da Coruña para abordar a necesidade de transporte metropolitano. Os representantes do Concello da Coruña e o de Oleiros saíron moi insatisfeitos coa resposta da Consellería.

O alcalde de Oleiros chama “comercial da subcontrata” a Directora Xeral

Moi cabreado saíu o alcalde, Ángel García Seoane, que acodía á cita co concelleiro de mobilidade, Pablo Cibeira, a unha xuntanza que califica de “insultante”. A Directora Xeral afirmou que en Oleiros a “demanda está atendida” e que existe un “cumprimento dos servizos do 99%”, desestimando todas as peticións realizadas polo Concello en reiteradas ocasións desde o 2024. O alcalde acusou á representante da Xunta de ser unha “comercial” da subcontrata, defendendo máis á empresa concesionaria que á veciñanza da comarca.

O Concello denuncia que “a Xunta négase a que liña Entrexardíns-O Seixal se prolongue ata a Igrexa de Nós; négase a crear novas liñas para atender as zonas de Franzomel, Abeleiras e Xaz; tampouco quere ampliar as conexións co polígono comercial de Iñás; négase a reforzar as liñas principais, nin tan se quera en hora punta; e négase tamén a que o bus 1-A conecte con Santa Cristina”, algo que se ven facendo nos veráns nos últimos anos, con gran utilidade.

Tampouco se creará, polo menos proximamente, a liña entre Perillo e a Universidade, nin as conexións reclamadas para os polígonos, unha petición tamén solicitada polo concello da Coruña. A representante da Xunta alegou que seguirá estudando a súa implantación, pero pasados xa case dous anos esa resposta constitúe unha absoluta falta de respecto e un menosprezo ao conxunto da cidadanía da comarca da Coruña, ante o que o alcalde e o concelleiro decidiron abandonar a reunión.

O Concello da Coruña esixe conexións ata UDC e os polígonos

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, incidiu na necesidade de que existan liñas metropolitanas que unan os municipios da área coa UDC e liñas que enlacen os concellos da contorna cos polígonos industriais da cidade. Actualmente, recordou a concelleira, trasladarse desde eses municipios en transporte público metropolitano ata os lugares de estudo ou de traballo, esixe transbordos e supón unha incomodidade e un exceso de tempo de espera para moitos usuarios.

A concelleira xa solicitou hai anos dita mellora do servizo público sen que ata o momento a Xunta fixera estudos nin propostas específicas para dar resposta a esa demanda social. “Temos eivas moi importantes no transporte metropolitano, que non está a dar o servizo que os cidadáns esperan, e que ten que adaptarse á realidade, que non entende de fronteiras administrativas. A Xunta é a única competente en transporte metropolitano e tal e como funciona agora mesmo o que se está a facer é fomentar o uso do vehículo privado”, indicou a concelleira, que tamén solicitou á Xunta a creación de aparcamentos disuasorios en orixe para facilitar os desprazamentos en bus desde os concellos da área metropolitana ata a cidade.

ÚLTIMAS

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here