Son moitas as queixas sobre o transporte metropolitano, o transporte público que xestiona a Xunta de Galicia para a Coruña e a comarca. Desta volta é a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana (FAVA), a que denuncian problemas coa xestión do transporte público da Xunta e esixen coñecer o novo mapa de rutas e paradas.
Para a FAVA, “o bus metropolitano está nunha situación que non da confianza nin fiabilidade. Podes deterte nalgunha das paradas da periferia e non saber se o bus pode deterse ou non. Un problema grave que lastra o servicio e que, lonxe de mellorar, está a agravarse”.
Universidade e polígono
A Federación recoñece que un dos problemas atópase na problemática existente pola falta de conectividade do bus metropolitano coa Universidade da Coruña e cos polígonos industriais que son habituais destinos con moitos desprazamentos. A desconexión con estes itinerarios forza a ter que revertir parte dos traxectos para chegar ata o destino, tendo que entrar na cidade para poder volver sair, o que fai que estes servizos terminen sendo moi ineficientes para estas necesidades.
Os barrios
Dende os barrios as queixas son variadas. Dende Catro Camiños os veciños manifestan os problemas existente pola falta de coordinación dos buses metropolitanos na zona e o colapso que orixina a puntual concentración destes sobre o tráfico urbano na zona sentido entrada e saída nas dúas paradas da Costa da Palloza.
Tamén a veciñanza de Palavea e Santa Xema amosa o seu malestar pola eliminación da parada do bus de Alcampo no servizo de Coruña–Santiago, unha decisión que supón a perda dunha parada estratéxica en sentido saída, moi utilizada pola veciñanza e situada ademais nas proximidades da Cidade das TIC, un ámbito en expansión que require precisamente mellores conexións e non recortes estratéxicos. Pese a esa eliminación formal na práctica manténse unha informalidade que causa que a parada ou non do bus depende puramente da discrecionalidade e iso non da ningunha seguridade quedándose numerosos días xente en terra por non deterse.
Falta de planificación
A entidade lembra os últimos problemas entre Xunta e Concello pola nova parada da Ronda de Outeiro, que a Xunta quería instalar na zona de Pérez Ardá xa con outros usos, como a carga e descarga ou o carril bici e agora se están buscando solucións de consenso con veciños da zona.
A Federación considera que “estas situacións reflicten unha falta de planificación integral da mobilidade por parte da Xunta debida a decisións unilaterais e presentan unha clara incerteza sobre se hai solucións a problemas estructurais”. A mobilidade metropolitana debe garantir accesibilidade e eficiencia, e non pode estar sometida a cambios improvisados.
Por todo isto, a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana insta á Xunta de Galicia a manteña un diálogo coa Federación e as entidades veciñais e presente a súa proposta de mapa de rutas e paradas as asociacións veciñais. A Federación considera que é relevante ter unha estratexia de mobilidade coherente, transparente e centrada nas persoas.
Máis novas
Albalat, A Cidade das Rías, a metrópole e o transporte público
CSIF denuncia “falta de planificación” na nova cabeceira de autobuses interurbanos da Coruña
Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano
A Coruña solicitará á Xunta a creación dun consorcio metropolitano de transporte

