InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOMar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano entre Mar de Fábula e o Centro de Insercio Socal da Coruña, no marco do proxecto Entre Crebas, que conta co apoio da Deputación.

Unha iniciativa que convirte ás persoas privadas de liberdade en auténticos axentes do cambio social, a través da limpieza de praias e a concienciación ambiental.

Unha vintena de internos do CIS (persoas que pasan a súa última parte da condena en réxime de semiliberdade buscando traballo para reinsertase) achegáronse, acompañados polo voluntariado da entidade ambiental, ao areal da Torre, coñecido tamén como as Lapas.

Proxecto Entre Crebas nas Lapas

Crían dende Mar de Fábula, dado o bo estado dende arriba, que desta volta si que a praia cumpriría as boas notas esixidas pola Unión Europea, pero a realidade volve dar de bruces. A avaliación BEA (Bo Estado Ambiental) faise en función dos parámetros marcados polos expertos da Comisión Europea que fixan que, unha praia non pode ter máis de 20 residuos>2,5 cm. por 100 metros lineais para acadar esta calificación de excelencia.

O caso, que en apenas  un par de horas, e tras baixar o lombo, os axentes conseguiron rescatar mareas de lixo: 27 cordas, 26 aparellos pesca, 87 anaquiños plástico, 13 anacos papel, 75 anacos vidro, 37 anacos ladrillo+uralita, 8 toalliñas húmidas, 1 compresa, 1 sola de zapato e… 152 cabichas. Incansable a loita contra as cabichas nesta cidade, que se volve demostrar que non só se dá por culpa da xente, senón por todas as cabichas que tiramos pola rúa e que acaban no mar polas redes de pluviais.

En total, 427, concluíndo que “non hai praia no litoral da Coruña, e por extensión no litoral de toda Galicia (excepción feita da praia de Area Longa en Reira, Camariñas) que cumpra a utopía apuntada polos expertos da CE de máximo 20 items por 100 metros lineais de praia”.

Cabichas no Proxecto Entre Crebas nas Lapas

Máis novas

A incansable loita contra as cabichas nas praias

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

O Areal da Torre, un pouco máis limpo gracias aos salvadores do CIS e de Mar de Fábula

Os salvadores do CIS volven limpar o Areal da Torre

ÚLTIMAS

A Coruña acollerá en maio a primeira escala en Europa da regata do centenario do Juan Sebastián Elcano

A Coruña será a primeira escala europea da regata do centenario do Juan Sebastián...

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here