A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás novas conexións con Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante, que nacen da licitación de 6,5 millóns aprobada polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña., a compañía engadía pola tarde unha nova conexión con Madrid.
estas cifras permitirán que Alvedro pase de 6 a 12 destinos directos, dos que 10 serán nacionais.
Os primeiros voos a Málaga, Valencia e Bilbao estreáronse este mesmo venres, mentres que a conexión con Sevilla comezará este sábado e a de Alacante o próximo 2 de decembro.
As cinco conexións iniciais suporán no primeiro ano un mínimo de 1.030 voos e 185.400 prazas, cifra que superará as 200.000 prazas anuais a partir da segunda anualidade do contrato. Ademais, todas as rutas operarán durante todo o ano, reforzando frecuencias nos meses de maior demanda. A compañía Volotea opera na Coruña desde 2019 e xa transportou máis de 400.000 pasaxeiros desde Alvedro.
Pola súa parte, a ruta con Madrid comezará a operar o próximo 27 de novembro cun voo diario por sentido e ofrecerá 43.560 prazas e 242 voos ata marzo de 2027. As saídas desde A Coruña, informa o consistorio, realizaranse ás 19.10 horas, mentres que os voos desde Madrid partirán ás 17.15 horas.
Cifras e investimento
O aeroporto coruñés rexistrou entre xaneiro e setembro de 2026 máis de 1.079.000 pasaxeiros, o mellor dato para ese período na súa historia, cun incremento do 12,4% respecto ao ano anterior.
A alcaldesa puxo en valor estes rexistros. “Investir na conectividade aérea non é un gasto. É unha inversión na competitividade da cidade, na xeración de riqueza e na creación de oportunidades”, afirmou, en relación aos 6,5 millóns que vai curtar a chegada de novas 185.000 prazas.

