A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino de xestionar a nova terminal de autobuses da intermodal, inaugurada a semana pasada. “A estación de autobuses de Vigo foi transferida directamente ao Concello”, explicou a preguntas dos xornalistas sobre este asunto despois da rolda de prensa convocada para presentar a nova aplicación para o comercio local.
Fíxoo para expoñer que “partindo desa premisa, esa é a primeira idea” que formula o goberno local ao respecto. “Despois iremos vendo”, avanzou para incidir en que “de primeiras” o Concello herculino ten a intención de “esixir o mesmo trato” que a cidade olívica.
“DESPREOCUPACIÓN” DAS ADMINISTRACIÓNS, SEGUNDO ADEGA
Doutra banda, a asociación ecoloxista Adega denunciou, nun comunicado, a “despreocupación das administracións públicas polo transporte metropolitano, tanto en autobús como en tren, na semana da posta en marcha da estación intermodal da Coruña”.
Nos últimos días a organización colocou varios carteis na zona para reclamar “melloras urxentes neste ámbito e visibilizar as protestas da cidadanía, en aumento”. Neste sentido, subliña que a inauguración desta infraestrutura, o pasado día 3, “sen posibilidade actual de intercambio entre tren e autobús e sen conexión directa co aeroporto manifesta unha total falta de compromiso coa mobilidade sostible”.
promiso coa mobilidade sustentable”.

