InicioA CORUÑAEstas son as propostas escollidas pola veciñanza nos Orzamentos Participativos

Estas son as propostas escollidas pola veciñanza nos Orzamentos Participativos

Publicada o

Por editor

Máis de 3.000 persoas participaron nas votacións dos Orzamentos Participativos 2023. Unha cifra que podería ser moito máis alta se houbese un compromiso de promocionar con máis ímpetu a medida que máis fomenta a participación cidadá na realidade da cidade.

Facemos un repaso das propostas escollidas.

Propostas de cidade

  • A creación dunha zona de lecer para a mocidade (540 votos).
  • A creación dun acceso peonil a Matogrande pola Avenida García Sabell (340 votos).
  • A reforma e acondicionamento do ximnasio do CEIP Ramón da Sagra.
  • A construción dunha pista de hóckey en liña.
  • A recuperación e acondicionamento para o seu goce dun tramo do río Monelos.

Propostas por distritos

  • Distrito 1. Creación dunha conexión ciclable entre os Cantóns e o Paseo Marítimo
  • Distrito 2. Posta en marcha de espazos deportivos abertos para a mocidade.
  • Distrito 3. Limpeza de matogueiras do parque infantil Catro Camiños.
  • Distrito 4. Substitución parcial de eucaliptos do parque de Santa Margarida.
  • Distrito 5. Peonalizar a Praza da Tolerancia.
  • Distrito 6. Máis zonas verdes no tramo da Rolda de Outeiro, entre Mariñeiros e as Casas de Franco.
  • Distrito 7. Crear unha zona verde e de esparexemento no polígono de Someso.
  • Distrito 8. Instalación de paneis informativos nas paradas dos buses urbanos.
  • Distrito 9. Colocación dunha fonte para lecer e goce dos veciños.
  • Distrito 10. Asfaltado das rúas Abenela, Solva, Cances e As regas.

Participación

A cifra de persoas que participaron foi de 3.097, unhas 50 menos que o ano pasado, pero notablemente máis que nos anos anteriores (entre 1.500 e 2.300).

O distrito 7 (A Gaiteira, Elviña, Castrillón e Eirís) foi o máis con máis de 800 votos contabilizados. O distrito 9 (Riazor, Labañou, Agra do Orzán e Os Mariñeiros) tamén tivo unha participación alta, con 695 votos contabilizados.
Os que menos participación rexistraron na fase de votación son os distritos 6 (Eirís, As Xubias, A Pasaxe, O Castrillón e Monelos) e 8 (Ensanche, Cuatro Caminos, Os Castros e Santa Margarita).

Orzamento

Haberá que vixiar se o Concello efectivamente desenvolve nos vindeiros cursos todas estas obras co 2,5 millóns que tiñan reservados para elo.

ÁMBITO

COD

TÍTULO

VOTOS

IMPORTE

Cidade

4340

Zona lecer mozos

540

250.000

Cidade

4507

Acceso peonil por Avda. García Sabell a Matogrande

340

200.000

Cidade

4488

Reforma, acondicionamiento, salubridade ximnasio CEIP Ramón de la Sagra

312

400.000

Cidade

4695

Pista de Hockey linea adecuada

304

80.000

Cidade

4499

Na procura do río de Monelos

253

50.000

Distrito 1

4363

Conexión ciclable entre los Cantones y el Paseo Marítimo

118

150.000

Distrito 2

4732

Espazos deportivos coas portas abertas á mocidade

123

150.000

Distrito 3

4389

Limpieza matorral parque infantil Cuatro Caminos

86

150.000

Distrito 4

4555

Sustitución parcial de eucaliptos no parque de Santa Margarita

73

150.000

Distrito 5

4471

Facer peatonal a rúa Praza da Tolerancia

121

100.000

Distrito 6

4575

Reverdecer o tramo da Rolda de Outeiro entre Mariñeiros e Casas de Franco

56

150.000

Distrito 7

4320

Área de esparcimento y zona verde Polígono de Someso

304

150.000

Distrito 8

4299

Instalacións de panéis informativos electrónicos nas paradas dos buses urbanos

104

150.000

Distrito 9

4339

Fuente de disfrute y ocio vecinos

441

150.000

Distrito 10

4430

Asfaltado rúas de Abenela, Silva, Cances e As Regas (A Moura)

102

100.000

2.380.000

ÚLTIMAS

Solicitan a retirada da Medalla de Ouro ao mérito no traballo ao Conde de Fenosa

Volve o sociólogo, investigador e vítima do franquismo Manuel Monge González, a rexistrar unha...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Chayanne e Leiva actuarán na Coruña en diferentes espectáculos programados para 2025

Leiva actuará na Coruña o 12 de xullo de 2025, dentro da súa xira...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here