InicioMOV. SOCIAISEnfermeiras volven manifestarse este xoves ante oito hospitais galegos para reclamar mellores...

Enfermeiras volven manifestarse este xoves ante oito hospitais galegos para reclamar mellores condicións laborais

Publicada o

Por europapress

O colectivo A Por Todas (APT), formado por enfermeiras de distintas áreas de Galicia, concentraranse este xoves ante os hospitais de Lugo, Monforte de Lemos, A Mariña, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra e Ferrol para demandar mellores condicións laborais e a “recuperación” dos seus dereitos.

En concreto, reclaman os dereitos que aseguran foron perdendo nas últimas dúas décadas, melloras nos cocientes Enfermeira-paciente, estabilidade laboral e recoñecemento profesional.

A través dun comunicado, o colectivo sinala que xa enviaron escritos ás xerencias e recursos humanos do Sergas, á Valedora do Pobo e a outros organismos, así como reunións cos representantes dos traballadores.

Así, protestarán este xoves ás 13,00 horas nos hospitais de Lugo –entrada do Hula–, Monforte — entrada principal–, Santiago — entrada do CHUS–, A Coruña — rotonda do Chuac–, Pontevedra –fronte ao Hospital Provincial– e Ferrol — recibidor do Arquitecto Marcide–, mentres que na Mariña — na porta giratoria– e en Vigo — porta principal do CHAC– farano ás 11,30 horas.

Animan tamén ao resto de categorías, que ven afectadas por estas mesmas demandas, a que acudan ás concentracións e que se unan ás súas peticións.

Máis novas

As Enfermeiras do CHUAC esixen melloras na contratación

ÚLTIMAS

Luz verde ao prometido Parque do Vixía, a nova gran zona verde de Monte Alto

Dende 2023, cando a proposta da ANPAS do barrio gañaron un dos proxectos dos...

Os XXX Premios de Teatro María Casares renderán homenaxe a Manuel Lourenzo

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) presentou esta mañá no Teatro...

Un premio de deseño para honrar a figura de Luís Seoane

A Deputación da Coruña e a Fundación Luís Seoane formalizaron este luns un convenio...

Alfonso Molina sufrirá cortes nocturnos este martes e mércores pola montaxe da nova pasarela

A avenida de Alfonso Molina, na Coruña, rexistrará importantes restricións de tráfico durante as...