InicioMOV. SOCIAISEnfermeiras volven manifestarse este xoves ante oito hospitais galegos para reclamar mellores...

Enfermeiras volven manifestarse este xoves ante oito hospitais galegos para reclamar mellores condicións laborais

Publicada o

Por europapress

O colectivo A Por Todas (APT), formado por enfermeiras de distintas áreas de Galicia, concentraranse este xoves ante os hospitais de Lugo, Monforte de Lemos, A Mariña, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra e Ferrol para demandar mellores condicións laborais e a “recuperación” dos seus dereitos.
Na cidade herculina farán as súas protestas ás 1300h na rotonda do CHUAC.

En concreto, reclaman os dereitos que aseguran foron perdendo nas últimas dúas décadas, melloras nos cocientes Enfermeira-paciente, estabilidade laboral e recoñecemento profesional.

A través dun comunicado, o colectivo sinala que xa enviaron escritos ás xerencias e recursos humanos do Sergas, á Valedora do Pobo e a outros organismos, así como reunións cos representantes dos traballadores.

Animan tamén ao resto de categorías, que ven afectadas por estas mesmas demandas, a que acudan ás concentracións e que se unan ás súas peticións.

Apoio do Colexio de Enfermería

A Xunta directiva do Colexio Provincial de Enfermaría da Coruña volve amosar o seu apoio ás reivindicacións do colectivo enfermeiro A por todas. Critica “a inexistencia de respostas por parte das autoridades sanitarias”, e pon nome ás demandas:

  • Mellora das ratios enfermeira-doente.
  • Mellora da contratación, a estabilidade da mesma e transparencia.
  • Recuperación do 100 % da paga extra.
  • Recuperación dos 3 LDs.
  • Recoñecemento do solape de xornada.
  • Retribución do plus de festivo os sábados (M-T).
  • Retribución xusta e igualitaria das horas fóra de xornada ordinaria.
  • Encadre da carreira profesional, acorde co tempo trabajado,e incluíndo o da UE.
  • Exención de noites voluntarias a partir dos 55 anos, sen perda retributiva nin aumento da xornada ordinaria.
  • Xubilación anticipada aos 60 anos.
  • Recoñecemento da categoría A1.

O Colexio de Enfermaría destaca tamén as reivindicacións polas que esta organización colexial leva traballando desde hai anos, algunha contemplada nas demandas de A por todas:

  • Recoñecemento do grupo A dentro da clasificación profesional da administración pública. O Goberno debe poñer en marcha de forma inmediata os cambios normativos que poñan fin a unha inxusta, lesiva e denigrante situación. As enfermeiras deben estar incluidas nun único Grupo A, sen subgrupos.
  • Aumento do número de enfermeiras especialistas.
  • Facilitar o acceso das enfermeiras aos altos cargos de xestión e responsabilidade da sanidade.

 

Máis novas

As Enfermeiras do CHUAC esixen melloras na contratación

As Enfermeiras maniféstanse pola mellora das súas condicións laborais

 

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...