InicioSOCIEDADEOs Avogados de Oficio paran nunha folga estatal

Os Avogados de Oficio paran nunha folga estatal

Publicada o

Por editor

Arrincou a folga indefinida de Avogados e Procuradores adscritos ao Turno de Oficio en toda España. Convocada polo Sindicato Venia, os profesionais realizaron diferentes concentracións en Galicia, entre elas diante dos Xulgados da Coruña.

”A situación dos defensores públicos, e da avogacía en xeral, é dramática, polo que a resposta ás nosas xustas demandas non pode esperar”, denuncian. E a realidade é que a calidade do servizo do avogados de oficio é moi mellorable, unha situación que afonda nas desigualdades de clase e perxudica sempre ás persoas con menos recursos.

A chamada folga nacional dos defensores públicos denuncia o silencio administrativo que leva protagonizando o Ministerio de Xustiza dende que en setembro pediran unha mesa de traballo, máis alá de anunciar un “lamentable aumento do 5% nas escalas da quenda oficial”.

Para mellorar esta situación, piden cousas como a regulación xurídica do profesional de garda, as retribucións dignas aboadas en prazo, o aboamento dos gastos ocasionados polo profesional na prestación do servizo, actualización anual das retribucións segundo IPC; o dereito á conciliación, descanso e desconexión dixital, e redución da carga burocrática.

Piden tamén campañas de sensibilización para visibilizar e dignificar a profesión.

Con todo, aseguran que haberá servizos mínimos, e intentarán que a folga non afecte tá cidadanía tanto como a realizadas polo persoal da Administración de Xustiza deste ano, e que se prevé que se reinicien en canto se constitúa un novo Goberno da Nación.

ÚLTIMAS

Aberto á cidadanía o parque do Observatorio na Coruña, un “anaquiño” do necesario Parque da Agra

O barrio do Agra do Orzán suma un novo, pero insuficiente espazo verde. O...

O Monte Xalo: Unha mesa redonda e roteiro arredor do Olimpo Ártabro 

Interesante conversa arredor da auga, o patrimonio e a paisaxe a que se viviu...

Nove de cada dez titulados da UDC atopan emprego no primeiro ano

Nove de cada dez persoas egresadas na Universidade da Coruña (UDC) que se incorporan...

A Casa Casares Quiroga acolle a presentación dun libro sobre o galego que sobreviviu a Mauthausen

A Casa Museo Casares Quiroga da Coruña acolle hoxe martes, ás 18.30 horas, a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here