InicioA CORUÑAMáis dun centenar de expositores no evento ExpOtaku que comeza este venres

Máis dun centenar de expositores no evento ExpOtaku que comeza este venres

Publicada o

Por europapress

O evento ‘ExpOtaku’ ofertará desde este venres e ata o domingo, no recinto ferial ExpoCoruña, propostas para os seguidores do anime, cosplay e gaming. Será en horario de 10,00 a 21,00 horas, excepto o domingo que estará ata as 20,00 horas, segundo informa a organización desta nova edición.

Os seguidores do amine, cosplay e gaming volverán dispor de 5.000 metros cadrados con distintas propostas. Será coa presenza de 105 expositores de todo tipo e 80 postos dedicados ao mundo dos videoxogos.

Ademais, como en cada edición, a feira leva un amplo programa de actividades, con 280 citas ao longo do tres días, en parte pola participación de máis de 24 entidades colaboradoras. Moitas destas actividades implicarán premios para os gañadores. Na oferta haberá torneo de videoxogos, concursos de cosplay, dance cover e talleres, desde maquillaxe e máscaras a peluches e figuras de anime.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...