InicioMOV. SOCIAISOs Consorcios Provinciais Contraincencios ofrecen unha proposta que os Bombeiros califican de...

Os Consorcios Provinciais Contraincencios ofrecen unha proposta que os Bombeiros califican de “insultante”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta mañá tivo lugar unha importante reunión entre representantes das catro deputacións provinciais, a Xunta e o Comité de Folga dos Bombeiros. A parte pública trasladóuselles unha proposta aos sindicatos coa intención de chegar a un acordo e que se desconvoque a folga dos últimos meses. Unha proposta que inclúe un incremento do salario de arredor do 10%, unha redución da xornada a 1.642 horas anuais (co establecemento dun complemento horario de 158 horas para acadar as 1800 horas, que permitiría aprobar o incremento de soldo ata os 2.318€), aumento de efectivos nos 24 parques comarcais (1 por parque) e 2 xornadas a maiores de asuntos propios.

A realidade é que os representantes sindicais saíron “desencantados” e valoran de “insultante” a proposta da administración. Primeiro lamentaron que non estiveran presentes ningún presidente da Deputación, e malia valorar o “clima cordial” da reunión, o Comité avisa que “a proposta se atopa anos luz do que demandamos”.

Se ben acordaron valorala, trasladala ao colectivo e responder na vindeira reunión (que se celebrará ente 18 e o 22 de decembro), nun comunicado xa sinalan o que “a oferta é insultante e será rebatida”.

Máis novas do conflito

Bombeiros comarcais denuncian o peche de 7 parques este xoves e repiten que o servizo no rural está “en risco”

Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial

ÚLTIMAS

Potente manifestación das traballadoras do Eroski

Desenvolveuse esta mañá de sábado 20 de decembro a primeira xornada de folga na...

O Concello de Oleiros gaña nos xulgados a un lobby israelí que pretendía censurar a información dos paneis luminosos

Son famosos os carteis luminosos do Concello de Carballo, por alternar información cidadá práctica...

Inés Rey non dimitirá e o BNG e a dirección do PSdG apoian a medida

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, vinculou...

Mohamed Safa debulla o xenocidio de Gaza nunha nova conferencia na AC Alexandre Bóveda

Co recoñecemento da Rede Acampa pola Paz pola Defensa dos DDHH recén recollido, Mohamed...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here