InicioA CORUÑAManifestación na Coruña das traballadoras de escolas infantís

Manifestación na Coruña das traballadoras de escolas infantís

Publicada o

Por europapress

Traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta secundaron este martes a sexta xornada de folga para reclamar un “convenio colectivo digno” e manifestáronse polas rúas de Vigo e A Coruña.

A xornada de paro prodúcese un día despois da última reunión da comisión negociadora, na que a patronal, denuncian os sindicatos, “non levou ningunha proposta concreta”. O seguinte encontro será o 15 de xaneiro.

As traballadoras e representantes sindicais manifestáronse nas cidades da Coruña e Vigo baixo o berro ‘Nin gardarías, nin xardíns, somos escolas infantís’ e ‘Convenio digno, salario xusto’, entre outras consignas.

Nestes actos denunciaron “o inmobilismo” das patronais na negociación do convenio, iniciada a comezos de 2022. “Con todo, reunión tras reunión, evidenciouse a nula vontade do empresariado por mellorar as condicións laborais e salariais do sector, pretendendo ademais recortar dereitos como as coberturas nas baixas ou modificar a cláusula de descolgue salarial”, apunta a CIG.

Este sector “ten un dos convenios máis precarizados”, sinalan, con “varias categorías laborais que xa han queddo por baixo do SMI” e que “non responde ao importante labor social e á gran responsabilidade que teñen as traballadoras”, denuncian.

A próxima reunión da mesa de negociación, explicou o responsable de persoal da CIG-Ensino, Henrique García, está fixada para o 15 de xaneiro “e a patronal quere que haxa unha proposta sindical que se achegue a súa”. A CIG, organización maioritaria en Galicia, xa avanzou que non aceptará unha proposta “que implique perder dereitos ou que non supoña, polo menos, recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos por un colectivo precarizado”.

ÚLTIMAS

As obras na avenida Alfonso Molina, na Coruña, provocarán cortes de tráfico as dúas próximas semanas

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, provocarán cortes...

Correa Corredoira: “Fago un chamamento á refundación da Luís Seoane”

Con afán “positivo” e “propositivo”, e coa libertade de ser unha “persoa maior e...

O Prácticas segue en loita

Xa decembro do ano pasado denunciaban o deplorable estado das instalacións do centro. Ante...

O TSXG rexeita a suspensión cautelar da taxa turística da Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou a suspensión cautelar da taxa...