InicioCULTURAO Ciclo Norte Cinema Diverso amplíase a tres días e abre unha...

O Ciclo Norte Cinema Diverso amplíase a tres días e abre unha sección de curtametraxes en galego

Publicada o

Por editor

O festival de cine LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso, que empezou a súa andaina en 2023, xa ten datas para a segunda edición. Serán os días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2024, polo que o certame amplía de dous a tres días a súa duración. Serán tres días, con cinco sesións e un novo encontro con algúns dos artistas e cineastas participantes.

NCD celebrarase un ano máis no teatro Colón e coa mesma idea da primeira edición. “En 2023 superamos as expectativas que tiñamos na organización”, asegura Fernando Cayazzo, codirector do festival. “Nestes momentos, a asociación Palestra e a cinemateca da  Fundación Pedro Zerolo estamos a pechar a programación de 2024. Queremos que cada ano Norte Cinema Diverso creza e sexa máis forte.”

A finalidade da mostra é amosar as diferentes realidades do colectivo LGTBIQ+. “Que mellor que facelo a través do cinema, unha ferramenta fundamental para a transformación da sociedade e un atallo que nos axude a chegar axiña á igualdade real das persoas do noso colectivo”, comenta Cayazzo.

Outra das novidades de 2024 será a sección de curtametraxes en idioma galego. “Todas aquelas obras gravadas en galego, e que non vaian máis aló dos trinta minutos, poden inscribirse antes do 12 de xaneiro. Para participar só é necesario enviar a obra a
nortecinemadiverso@gmail.com”, explica Fernando Cayazzo.

Tamén en 2024 entregarase o premio Marieta á mellor curtametraxe, que o ano pasado recibiu Una dedicatoria a lo bestia, dirixida por Nucbeade, formado pola madrileña Quiela Nuc e a coruñesa Andrea Beade.

ÚLTIMAS

Detido un condutor por un atropelo múltiple con seis feridos en Juana de Vega

Un total de seis persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple no centro da cidade...

Operativas outras 3 estacións de Bicicoruña entre o Martinete e Novo Mesoiro

Despois das activadas a semana pasada en Monte Alto, Vioño e Lonzas, o Concello...

De telonear aos Sex Pistols á Mardi Gras

Mentres camiña cara o seu 26 aniversario, continñua vivo a milagre da Sala Mardi...

O Concello da Coruña reunirase co sector hosteleiro para abordar a taxa turística

Representantes do Concello da cidade herculina e da Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here