InicioA CORUÑAMorre un mozo apuñalado nunha pelexa na cidade

Morre un mozo apuñalado nunha pelexa na cidade

Publicada o

Por europapress

Un mozo morreu apuñalado na Coruña durante unha pelexa, segundo informaron a Europa Press fontes policiais en relación a un suceso que se produciu de madrugada.

Desde o servizo de emerxencias 112 precisaron que un particular lles chamou sobre as 06,35 horas informado de que había un home apuñalado. Os feitos producíronse no inicio da rúa Sinfónica de Galicia, en confluencia con Juan Flórez, explicaron as fontes consultadas.

Ao lugar desprazáronse servizos de Urxencias Sanitarias 061 e efectivos da Policía Local e da Nacional, que agora investiga os feitos e traballa na identificación do autor e a súa detención.

Fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press explicaron que se trata dun mozo español de 22 anos, de orixe peruana, que recibiu dúas puñaladas, unha no abdome e outra no corazón, que lle provocou a morte, durante unha pelexa. Respecto ao caso, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, lamentou o sucedido e trasladou a solidariedade á familia do novo, falecido, segundo ratificou, no transcurso dunha pelexa na vía pública e tras unha agresión con arma branca.

“Non se coñece polo momento autor nin motivo da agresión”
, precisou para engadir que a Policía está a traballar “con todos os medios á súa disposición tomando testemuños e imaxes para esclarecer o sucedido o máis pronto posible”.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...