InicioSOCIEDADEAlerta laranxa este sábado por temporal costeiro no litoral da provincia da...

Alerta laranxa este sábado por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña

Publicada o

Por europapress

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou a alerta laranxa para este sábado por temporal costeiro no litoral oeste e noroeste da provincia da Coruña.

Así, apuntan que a segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso empezará a media tarde do sábado na costa coruñesa e estenderase o domingo a todo o litoral galego.

Haberá mar combinado do oeste con ondas de ata sete metros e ventos do suroeste a oeste de forza sete. A borrasca deixará tamén refachos de vento en nivel de alerta amarelo nas franxas costeiras da Coruña e Lugo.

ÚLTIMAS

En marcha a necesaria unión do carril bici do paseo marítimo e os Cantóns

Era unha das grandes eivas do mapa do carril bici da Coruña, como cada...

Un final abrupto e violento dos muros do Castro de Elviña

O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC vén de facer públicas as conclusións...

A Biblioteca de Monte Alto acolle unha exposición para ollar a pobreza sen receos

Con motivo do seu 25 aniversario, a Fundación Érguete-Integración lanzaba, o pasado mes de...

As cabichas, as grandes contaminantes do Areal da Torre

O proxecto Entre Crebas será presentado como ponencia polo CIS e Mar de Fábula...