InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAprendendo a pescar pellets

Aprendendo a pescar pellets

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Coas administracións esquecidas aproveitando a catástrofe electoralmente, demostrando o pouco que aprendimos do Prestige, a sociedade civil autoorganízase para volver salvar, como xa fixera a marea branca, o noso litoral. Ademais das numerosas limpezas espontáneas ou convocadas por colectivos e veciñ@s a través das redes ou do whastapp, a sociedade é que está a xerar ideas para recoller mellor estes incómodos pellets de plástico de 5 mm.

Nivel 2

Así e todo, esta mesma tarde de martes 9 de xaneiro, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que se vai a incrementar a situación 2 o plan anticontaminación (Camgal), que ata agora se atopa en nivel 1 –correspondente a episodio de pequena gravidade–, porque o Goberno central “esixe ese requisito” para traballar no mar para a contención da vertedura de ‘pellets’ de plástico.

Grupos de Whastapp

A sociedade está organizándose a través de grupos de whastapp. Podes unirte aquí á comunidade “Limpeza de Praias” e buscar a zona que mellor te convella.
Dispoñen tamén canle de recomendacións e de información xeral sobre a catástrofe. Mesmo hai canle para grupos escolares.

Por exemplo, dende a UDC tamén convocan limpeza do Areal da Torre.

limpeza praia das lapas venres 12 xaneiro

Manifestación

Os colectivos medioambientais valoran a psibilidade de convocar unha reunión esta mesma fin de semana.

Xornadas formativas

Así, por exemplo, a asociación ecoloxista ADEGA propón unha serie de xornadas formativas. As sesións serán este mércores, 10 de xaneiro, en Carballo, Muros, Noia, Porto do Son e Fisterra; e o sábado, 13 de xaneiro, en diversas praias dos concellos de Noia, Porto do Son, Carballo, Cangas e Barreiros. En Porto do Son e Noia, a asociación Noia Limpa colaborará con ADEGA nas accións formativas.

Podedes inscribirvos nas seguintes ligazóns:

Aparellos

Dende o Galicia confidencial nos lembraban hoxe como funcionan os coadores xiratorios utilizados en Srli Lanka durante a catástrofe de 2021.

A Colectivo Wesustaintability de Vazva convoca unha limpeza para este sábado 13 de xaneiro na praia do Orzán, ás 11:00h, ao tempo que explican como facer, e invitan a levar luvas, capachos e coadores.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by WE Sustainability (@wesustainability)

ÚLTIMAS

O deporte, unha fonte de LGTBIfobia

● O 66% das persoas enquisadas por ADI manifestaron sentirse discriminadas algunha vez na...

A Cidade Vella da Coruña é o barrio menos rendible de todas as cidades galegas

A Cidade Vella da Coruña é o barrio menos rendible de todas as cidades...

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada...

A Coruña acolle as mobilizacións centrais polo 1 de maio co foco na demanda de mellores salarios

A Coruña acolle os actos centrais dos sindicatos este 1 de maio, Día Internacional...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here