InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO 21 de xaneiro, colectivos do mar e ecoloxistas únense nunha Manifestación...

O 21 de xaneiro, colectivos do mar e ecoloxistas únense nunha Manifestación en Santiago en Defensa do Mar

Publicada o

Por editor

No marco da crise dos “pellets” de plástico (mellor referidos como granulado), unha marea de organizacións profesionais do sector do mar das rías de Arousa e Muros-Noia xunto con entidades ecoloxistas veñen de convocar unha manifestación en Compostela para o vindeiro domingo 21 de xaneiro. A cita será con saídas ás 12h da Alameda (Porta Faxeira), e chegada e peche ás 14:30h na praza do Obradoiro, baixo o lema Contra as mentiras e o plástico, acude EN DEFENSA DO NOSO MAR!!

Nunha rolda de prensa común, denunciaron que a Xunta está a cometer os memos erros que durante a crise do Prestige. “Fronte a situación creada pola chegada masiva de materiais plásticos ás costas galegas e diante dos potenciais riscos para a saúde, o medio ambiente e os recursos pesqueiros, os colectivos asinantes queremos en primeiro lugar denunciar a tardanza e o desleixo das administración en facer fronte a esta ameaza”.

Louban pero lamentan que “tiveron que ser os colectivos cidadás e as persoas voluntarias as que en ausencia das institucións saímos ás costas a loitar contra esta marea plástica”.

Aproveitan para denunciar “a impunidade con que milleiros de toneladas de materiais tóxicos circulan todos os anos diante das costas galegas e a práctica indefensión do noso litoral fronte aos riscos derivados deste tráfico”, en relación ao Corredor de Fisterra, por onde pasan 40.000 buques anualmente.

“Reclamamos á Xunta de Galiza e ao Estado Español unha mínima coordenación para facer fronte ás consecuencias desta vertedura e unha maior transparencia na información de como se usan os medios aéreos, marítimos e satelitais de oceanografía operacional no control do tráfico e seguemento dos vertidos, así como as medidas de intervención no mar para evitar a chegada dos residuos ás nosas costas.

Unha situación crítica nas rías

A sociedade máis comprometida quere aproveitar para denunciar a grave situación das nosas rías, alén dos microplásticos. A mortandade de bivalvos foi un exemplo por mor de factores como a suba da temperatura, debilitamento do afloramento e menos plancto con menor renovación das augas das rías, e portanto un maior impacto da contaminación e das baixadas de salinidade ocasionadas pola falla de regulación dos encoros. Por iso piden estudos independentes e integrais e un plan de rexeración entre outras demandas

Máis novas

Aprendendo a pescar pellets

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here