InicioSOCIEDADEA Coruña, unha das 13 cidades españolas que correrán pola educación na...

A Coruña, unha das 13 cidades españolas que correrán pola educación na carreira solidaria ‘Corre por unha causa’

Publicada o

Por Ángela Precedo

Un total de trece cidades españolas correrán en febreiro na carreira solidaria organizada pola ONG Entreculturas e Alboan pola educación de nenos e nenas en situación de refuxio ou desprazamento forzoso en países como Ucraína, República Centroafricana ou Colombia. Así, a ONG abriu as súas inscricións para as cidades participantes. As primeiras carreiras do circuíto ‘Corre por unha Causa’ (que afronta a súa 13ª edición) serán en febreiro, en Bilbao, o día 4; en Madrid, o 11; en León, o 16; en Valladolid, o 18; e en Logroño, o 25. Igualmente, durante os meses de marzo, abril e maio, terán lugar en Sevilla, Tudela, Úbeda, Vitoria, A Coruña, Pamplona, Zaragoza e Barcelona.

Segundo os seus impulsores, os fondos recadados nestas carreiras irán destinados a proxectos da ONG Entreculturas e Alboan en países como Ucraína, República Centroafricana ou Colombia, nos que se busca “garantir a nenos e nenas un espazo seguro no que poder xogar, formarse e crecer lonxe da violencia”. “Algo esencial nun mundo con preto de 420 millóns de nenas e nenos afectados polas guerras e os conflitos armados“, afirmaron.

As inscricións ás distintas carreiras pódense realizar na web da carreira e contan con distintas modalidades para todos os públicos. Neste sentido, haberá carreiras de 5 e 10 quilómetros para mozos e adultos, así como a opción de 5 quilómetros marcha. Algunhas cidades tamén contarán con carreiras infantís de distintas distancias e xincanas. Ademais destas modalidades, Entreculturas e Alboan tamén ofrecerán a posibilidade de regalar un dorsal a outra persoa, así como facer unha doazón a través do ‘dorsal cero’ e, así, apoiar os proxectos que hai detrás da carreira solidaria ‘Corre por unha Causa’, que este ano conta coa colaboración de Deloitte, Liferay e Mapfre.

ÚLTIMAS

Inés Rey dubida da palabra da Xunta sobre Medicina e acusa ao Goberno galego de “arcaico”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, expresou as súas dúbidas sobre a “palabra” da...

As entidades e as administracións tecen redes na I Feira da Saúde

O Centro Ágora acolleu este sábado a I Feira Saúde e Sociedade. Trátase dunha...

Así será a pista multideporte de Monte Alto

A semana pasada o Concello licitaba a pista multideporte de Monte Alto. Unha pista...

Evacuadas catro persoas, dúas delas tras ser excarceradas, despois de sufrir un accidente en Culleredo

Catro persoas, entre elas un menor de idade, tiveron que ser trasladadas este sábado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here