InicioPOLÍTICAO ministro Escrivá reivindica o papel da Aesia na Coruña

O ministro Escrivá reivindica o papel da Aesia na Coruña

Publicada o

Por europapress

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luís Escrivá, reivindicou o papel da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), que terá a súa sede na Coruña, como “centro difusor das oportunidades” que ofrece a mesma.

Así o expuxo, en declaracións aos xornalistas, nunha visita ao Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (UDC), previa a unha visita ás instalacións de Inditex, no municipio de Arteixo.

Sobre a posta en marcha da Aesia, dixo que ten que dotarse agora dun equipo administrativo, cun director, e recalcou que se está “traballando niso”. “Será unha entidade supervisora, pero necesítase un mapa regulatorio ben definido”, engadiu.

A iso, sumou que sexa un centro “que teña tamén capacidades analíticas” e sexa “un difusor ante a sociedade das oportunidades que exerce a Intelixencia Artificial e tamén dos riscos que hai detrás”. Neste sentido, destacou o labor que se realiza no centro da UDC que visitou e con cuxos responsables mantivo unha reunión.

Algunhas iniciativas que hai aquí son extraordinarias e van ter un impacto moi positivo sobre os cidadáns”, expuxo o ministro que apelou á colaboración público-privada e, en particular, á cooperación entre empresas e universidade, destacando a lavbor a este respecto da universidade coruñesa.

ÚLTIMAS

Desconvocada a folga na Anteción Primaria

Despois de 4 semanas de folga e 80.000 consultas anuladas, Xunta e O'Mega, o...

Eugenia Gil Soriano, a árbitra internacional herculina: “Soño con pitar na 1ª División”

Recén de chegada de facer de 4⁰ árbitro en todo un San Mamés no...

A humanización do parto na Área Sanitaria da Coruña-Cee, privilexio de poucas

Xa fai anos que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anunciou a implantación do...

Noite de incendios intencionados na Coruña: queiman seis colectores de lixo e dous baños portátiles

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervernir durante a madrugada deste martes, día 24,...