InicioBARRIOSO Martes de Choqueiros do Entroido de Monte Alto segue medrando

O Martes de Choqueiros do Entroido de Monte Alto segue medrando

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Espectacular ambientazo na tarde-noite do martes de Entroido por Monte Alto. Do Campo da Leña ao Campo de Marte, coa rúa da Torre como gran arteria entroideira, o barrio herculino viviu unha festa tremenda neste Martes de Choqueiros que volve ser a referencia que foi. O Concello contabilizou máis de 30.000 persoas disfrutando desta divertida troula.

As rúas de San Xoán e San Xosé servían para que a mocidade fose quecendo o ambiente na parte baixa da festa, cun Campo da Leña tamén ben ateigado de xentes. Pero o bulir de xente pola rúa da Torre ata o escenario sito na parada de bus da entrada do Campo de Marte, espazo xa convertido no campo da festa do barrio, era monumental. Menos choqueiro que antano e máis disfraz mercado, pero tamén moita artesanía entroideira e o máis importante, unha gran porcentaxe de xente disfrazada e facendo as risas.

Polo camiño podías atopar a Susa Cabeza, a Reina Choqueira, que pola mañá, tamén nunha sesión vermú monumental, descubría unha placa na rúa San Xoán como Choqueira do Ano 2024. A carballesa leva disfrazándose no bariu herculino dende 1972 e participando no Concurso de disfraces dende 2010, e xa cunha marea de trofeos no posto de verduras. “O que quere peixe, ten que mollarse os pés” rimaba cargando o seu posto de feira.

Placa a Susa Cabeza no Entroido da Coruna
Placa a Susa Cabeza na Rúa de San Xoán como Choqueira do Ano
homenaxe a Cantero Canzobre e Palau no Entroido da Coruna
Homenaxe a Cantero Canzobre e Palau

Os premios

Premiados do Entroido da Coruna

Xa de volta ao escenario, foron pasando os participantes ante o xurado e o público para determinar os gañadores, que non foron outros que a “Raposa” na categoría individual e os “Kutremberos” na de grupo.

’O león e o seu domador’, ‘Mujer Dakota’, ‘Miss Churra’, ‘Velutina’, ‘La tienda de Monte Alto’, ‘Condesa Araña’, ‘Jardín Encantado’ e ‘Dama de prensa’ tamén levaron premio na modalidade individual.
E na modalidade grupal quedaron entre os mellores ‘Misterios de África’, ‘Feira’, ‘Amish’, ‘Sorteo del Niño’, ‘Eduardo y el pavo de la rotonda’.

Kutremberos Entroido da Coruna
Os Kutremberos

GALERÍA

Entroido Monte Alto-Raina
A verdadeira Raíña do Entroido de Monte Alto estaba tomando un café
Entroido Monte Alto-hippie
Unha hippie
Entroido Monte Alto-Inspectoras Facenda
Inspectoras de Facenda
Entroido Monte Alto-Mauro Silva
O mesmo Mauro Silva
Entroido Monte Alto-Grito espanol
A señora española do famoso grito convertido en meme
Entroido Monte Alto-Funeral
Comitiva fúnebre
Entroido Monte Alto-Familia Moteira
Familia moteira

Entroido Monte Alto-Comparsa India

ÚLTIMAS

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

Enrique Tenreiro, o escultor que pintou na tumba de Franco, abandona o seu peche no escaparate da rúa San Andrés

O escultor coruñés Enrique Tenreiro, que pintou en outubro de 2018 unha pomba na...

2 COMENTARIOS

    • A meirande parte son de Rosaura Romo, parte da familia do Xornal, por iso non van asinadas concretamente!
      Hai dúas das homenaxes aos persoeiros e do certame de comparsas que son enviadas polo departamento de prensa do Concello.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here