InicioCULLEREDOA antiga fábrica da Cros queda sen Centro Tecnolóxico

A antiga fábrica da Cros queda sen Centro Tecnolóxico

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Falabamos onte do proxecto proposto polo grupo de goberno de Culleredo de crear unha sede do Centro Tecnolóxico de Excelencia para a Competitividade na Economía Circular (CETIM) na antiga fábrica da Cros, no Burgo. Un ambicioso proxecto que necesitaba da aprobación do pleno para unha modificación urbanística.

Pero o pleno falou, e a maioría coa que se atopa o grupo socialista non serviu para seguir adiante co proxecto. Os 7 edís do PP, os 4 do BNG e os 2 de Alternativa dos Veciños votaron en contra, superando os 8 do PSOE, desbotando así esta posibilidade que lle ofrecería a esta Fundación privada, con sede en Alvedro, a unha concesión por 50 anos.

Edis da oposicon do Pleno de Culleredo votación en contra
Edís da oposición votando en contra no pleno

O alcalde, Jose Ramón Riobó lamenta o que considera “unha oportunidade perdida” para “dedicar as antigas naves a un foco de innovación e emprego”. Lembrou que o Concello, unha vez rehabilitadas as naves, tería opción de contar cun auditorio e salas polivalentes para actividades formativas, uso por asociacións, etc., ademais dun aparcamento de uso público e 12.000 metros cadrados de zonas verdes.

AS RAZÓNS DA OPOSICIÓN

Para a portavoz do PP, Izaskun García, malia considerar positivo o proxecto, considera que ten unha “fragmentación estratéxica dos informes municipais” e pediu máis informes para analizar a situación.

Dende o BNG, Antón Chouciño, considera que se trata dunha “operación na que o Concello sae perdendo un patrimonio impresionante na mellor zona de Culleredo, e na que obtiña unha compensación ridícula”. ”Estamos dando unha concesión por 50 anos, de todo ese espazo que non redunda recursos para o Concello”.

Chouciño lembra a proposta de anteproxecto xa presentado polo grupo do BNG en 2012 para a creación dun Centro Cultural. Lembran tamén que en 2016, cando se xestionaron os fondos EDUSI, que levaban nas súas bases que concellos agrupados pedisen estes fondos para interese conxuntos, o BNG propuxera solicitar eses fondos para desenvolver o proxecto conxuntamente cos concellos de Cambre e Oleiros, pero o Concello de Culleredo declinárao.

Máis novas

Así sería o Centro Tecnolóxico que Cullerredo propón para a Cros do Burgo

ÚLTIMAS

Folga nos autobuses da Coruña: os traballadores denuncian unha carga laboral excesiva e prodúcense danos en dous vehículos

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña, empresa adxudicataria do servizo de autobuses...

“Garabato”, da herculina Alicia Úbeda, a única curta galega seleccionada no ZINEBI 68

Segue asentándose Brava no panorama audiovisual galego. Como tamén o fai a directora Alicia...

A Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante a demora nas obras do novo CHUAC

A Xunta de Persoal da Área sanitaria da Coruña e Cee achegouse esta mañá...

O TSXG avala o despedimento dun líder sindical do lixo da Coruña por instar a boicotear o servizo durante a folga

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou como...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here