InicioCULLEREDOAsí sería o Centro Tecnolóxico que Culleredo propón para a Cros do...

Así sería o Centro Tecnolóxico que Culleredo propón para a Cros do Burgo

Publicada o

Por editor

Un dos esqueletos urbanísticos máis míticos da comarca é o da antiga fábrica da Cros, no Burgo. Un exemplo de arquitectura industrial do século pasado, construída nos anos 30, que estivo realizando labores de fabricación de fertilizantes ata os anos 80. Se ben houbo proxectos de rehabilitación sobre a mesa nas décadas dos 90 e do 2000, apenas se realizou a descontamintación da estrutura principal hai máis dunha década.

Antiga fabrica da Corus no Burgo convertirase no CETIM Tecnoloxico
Así está a fábrica da Cros

Este ano, o Concello de Culleredo retoma o proxecto de rehabilitación da fábrica para crear o chamado Centro Tecnolóxico de Excelencia para a Competitividade na Economía Circular (CETIM), un centro privado, desta fundación con sede en Alvedro, que contaría cunha concesión por 50 anos. Así llo propón o Concello de Culleredo, contando co apoio de administracións como a Deputación ou a Axencia Galega de Innovación. Pero, conto, a modificación das parcelas urbanísticas terá que pasar pola aprobación do pleno municipal deste xoves 15 de febreiro.

A Cros albergaría así un centro punteiro en labores de investigación e desenvolvemento, impulsando a innovación no ámbito da economía circular a través de tres áreas de coñecemento: materiais avanzados, ecobiotecnoloxías e industria dixital. Contará cun espazo de coworking e emprendemento, cuxo financiamento tamén foi incluído en parte pola Deputación da Coruña nos seus orzamentos.

O proxecto tamén prevé que, unha vez rehabilitadas as naves, unha parte das instalacións se poña a disposición do Concello e da cidadanía en xeral para poder realizar actividades socioculturais. Contará cun salón de actos e salas polivalentes para actividades formativas, uso por asociacións, etc. E o exterior contará con aparcamento e zonas verdes.

O rexedor cullerdense Jose Ramón Rioboo sinala que o proxecto culminará a rexeneración da ría do Burgo, creando un entorno único en Galicia. “O centro situará a Culleredo como un referente europeo da economía circular”, sinala.

O proxecto

Centro Tecnoloxico CETIM CROS O Burgo
Así será o Centro Tecnoloxico CETIM do Burgo

A antiga fábrica ocupa dúas parcelas. A que alberga o edificio máis grande é un ben de dominio público destinado a equipamento escolar e o que alberga o menor é un ben patrimonial con uso comercial.
Segundo o proxecto do Cetim, concreta as dúas parcelas, que miden 12.466 e 3.300 metros cadrados respectivamente. Dado que se trata de dous terreos con distinta clasificación xurídica, cómpre en primeiro lugar equiparar ambas as cualificacións, para ser bens de dominio público con uso de equipamento.

O centro contaría con 200 postos de traballo en investigación e desenvolvemento, impulsando a innovación no ámbito da economía circular a través de tres áreas de coñecemento: materiais avanzados, ecobiotecnoloxías e industria dixital. Tamén contaría cun espazo de coworking e emprendemento, cuxo financiamento foi incluído en parte pola Deputación da Coruña nos seus orzamentos.

Igualada a cualificación xurídica de ambas as parcelas, procederase á concesión xeral das mesmas por adxudicación directa, sendo neste caso a favor dunha entidade sen ánimo de lucro declarada de interese público.

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here