InicioCULTURAA posta en venda dos murais de Lugrís da rúa Olmos indigna...

A posta en venda dos murais de Lugrís da rúa Olmos indigna á sociedade coruñesa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • “Como xa pasou en 2017: os intereses inmobiliarios están por riba dos artísticos”, lamentan dende O Mural.

— — —

Onte saltaba a alarma entre a comunidade cultural coruñesa cando o Xulgado do Mercantil 3 anunciaba a venda dos frescos de Lugrís situados nos 25 e 27 da rúa Olmos, sen facer público o comprador.

Uns murais que sofren un estado de abandono irresponsable polos propietarios do edificio e polas administracións, polos que leva loitando o mundo cultural nos últimos anos.

Unha das entidades máis comprometidas cos frescos, O Mural, entende que “se é para restauralos, conservalos e permitir o acceso público parécenos unha boa nova”, pero fica “preocupada porque se venda por separado das casas e polo que di a Consellería de que vai intentar sacalos e levalos a Belas Artes”, explica sinala Rodrigo Osorio, porque entende que “o único conxunto muralístico que se conserva íntegro debería conservarse onde Lugrís o creou”. “Os frescos están plenamente axeitados a arquitectura e feito para un espazo público e hostaleiro: son arte popular para o acceso da clientela dun restaurante, o Fornos, non para os visitantes dun museo”.

“Como xa pasou en 2017: os intereses inmobiliarios están por riba dos artísticos”, lamentan, avocados a ter que “tragar a esta mutilación”.

Administracións

Dende o Concello volven botar balóns fóra, e piden a colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio para “velar” por eles e garantir a súa conservación. “Hai unha sociedade en concurso de acredores e o administrador concursal ten que liquidar bens da sociedade onde están eses murais”, dixo a rexedora esta mañá en alusión ao procedemento existente para a poxa de bens da citada sociedade, entre os que se atopan os murais.

Rey, que lembrou que foi o o consistorio quen solicitou a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) (malia que dende o Mural sinalan que non é certo, que son o únicos que polo momento fixeron efectiva a solicitude), asegurou que “hai que garantir a conservación dos mesmos e a permanencia na cidade, con independencia da súa titularidade”.

“O Concello limitouse a anunciar os medios que ía facelo e encargar o informe a un catedrático (por 6.000 €) da UDC que ía telo para outubro e aínda estamos agardando…”, critican dende Mural.

Máis novas

“O desleixo das administracións para protexer os frescos de Lugrís non fai máis que medrar”

S.O.S. Lugrís

 

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here