InicioMOV. SOCIAISA Coruña volveu esixir o recoñecemento do estado palestino

A Coruña volveu esixir o recoñecemento do estado palestino

Publicada o

Por editor

Despois dun par de meses de parón de concentracións, que non da guerra, a sociedade galega volveu demostrar a súa solidariedade co pobo palestino volvendo ás rúas. Unha vintena de pobos de todo o país concentráronse onte para pedir o fin do comercio de armas e de relacións con Israel, ademais do recoñecemento do estado palestino.

Xa o domingo 25, seguindo a convocatoria a nivel estatal, un pequeno grupo de persoas desafiaba o temporal na Coiraza do Orzán ás 12:00h do mediodía. Pero en Galicia, a convocatoria dos colectivos Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Asociación Galaico Árabe Jenin ou BDS Boicote e Desinvestimentos a Israel era este luns 26 ás 20:00h no Obelisco. Non houbo tanta xente como nas de novembro pero a sociedade galega demostrou que quere que España teña unha posición activa neste asunto internacional.

Máis novas

A Coruña respondeu á sexta semana de concentración en apoio ao pobo palestino

‘Cultura contra a barbarie’: a gala solidaria con Palestina

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

ÚLTIMAS

Outra noite de pelexas na Coruña sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here