InicioOPINIÓNOccidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Doe, e moito, ler estes días a prensa internacional, ver os muros das miñas redes sociais cheas de xuízos de valor feitos dende a distancia, dende o descoñecemento, dende a nosa privilexiada cadeira occidental. Non é doado posicionarse en conflitos alleos, lonxanos. Se ben ás veces, a comunidade internacional alza a voz contra unha potencia invasora, en defensa do pequeno (véxase o caso de Rusia-Ucrania), outras a lectura internacional abraza o servilismo ao poder.

Israel representa ese poder mellor que ningún outro país no mundo. Non importa levar décadas de auténtico xenocidio co pobo palestino para que a comunidade occidental traten de calificar a ocupación, a invasión, con eufemismos como “conflicto”, “guerra”, “convivencia imposible”… Palabras que agochan unha realidade na que un estado como o israelí, absolutamente militarizado, apoiado pola meirande forza do mundo (EEUU), invade, arrasa, humilla, e agrede diariamente a unha pequena sociedade árabe, desamparada, que intenta resistir con vimbios de papel nunha guerra absolutamente desigual. Un tanque contra unha bicicleta, literalmente. Que é terrorismo?

Protestas dos venres no Muro erguido en territorio palestino de Nillin para separar unha colonia
Un muro rodea a vila de Nillin (para protexer o asentamento colono que se ve ao fondo) en pleno territorio de Cirxordania. Cada venres, a poboación palestina, despois de rezar, pasa un par de horas lanzando pedras (en clave de protesta pola ocupación) e recibindo bombas de gas

Hai algo máis dunha década que pasei 15 días entre Israel e Palestina, cun grupo de mestres e activistas da Costa da Morte, coñecendo de primeira man o conflito. 10 anos pero nada cambiou, como pouco o fai dende 1948, nestes 70 anos de ocupación do territorio, do tempo, das infraestrururas, da liberdade… E precisamente, esa ocupación do tempo, esa maneira na que o estado israelí controla o tempo, as vidas, dos palestinos, foi o que máis me chamara atención.

Leva décadas engaiolando entre muros a toda unha sociedade, pero non só Gaza, porque o resto do país chamado “Cisxordania” ou “West Bank” (usurpáronlle ata o nome) vive engaiolado entre estradas que unen as colonias, asentamentos ilegais (que máis dá se non hai organismo internacional que se atreva a alzar a voz) de colonos israelís en territorio palestino. Estradas que os palestinos non poden usar a non ser que vaian a traballar a Israel, e que teñan unha especie de pasaporte aprobado polo goberno sionista que deben presentar en cada Checkpoint, e expoñerse ás humillacións continuas dos militares sionistas.

Cheguei expectante, non tiña para clara a miña posición naquel entón, e mesmo no grupo de mestres había algún (ex membro do exército de aire) que admiraba a Israel pola súa capacidade militar. Sobrounos a todos case unha semana para, despois de chorar ducias de veces escoitando o relato de palestinos ávidos de contar a súa historia de resiliencia, decatarnos de que falamos dun auténtico xenocidio, con todas as letras, por parte do goberno sionista de Israel.

E cómpre diferenciar o sentido das tres palabras israeli, sionista e xudeu. Naquela viaxe temos coñecido moitas persoas israelíes (nado en Israel) e xudeas (de relixión xudia), que non eran sionistas, defensores dun estado xudeo independente nas terras que historicamente estivo Palestina, e que a comunidade internacional decidiu outorgarlle a dedo, pola gracia de Deus, aló po 1948, e que pouco a pouco van ampliando, ocupando.

Mapa evolucion palestina 1947-2020
Mapa da evolución do territorio israleí e palestino 1947-2020

Lamentable a posición estes semanas do PP, o mesmo partido que utiliza a palabra “terrorista” para todo, criticando ao goberno socialista e aos grupos solidarios co pobo palestino. Se hai unha semana eran poucos os especialistas defensores do pobo palestino con espazo nos medios masivos, fomos atopando sorpresas como o artigo dO mesmo José Manuel Prada en ABC, (si, no ABC) ou a presenza de Haizam Amirah, investigador principal de Mediterráneo y Mundo Árabe en el Real Instituto Elcano, na Cadena Ser. Intervencións que se van repetindo estas semanas ao ver como a intervención militar de Israel sobrepasa todos os Dereitos Humanos Fundamentais. Moito tardamos en irnos decantando dende esta parte do mundo…

Historicamente parece curioso ver como un país que foi atacado dunha maneira tan brutal polos nazis, que sufrise un dos maiores xenocidios da historia, que segue usando o argumento do antisemitismo a calquera prezo, sexa o causante deste xenocidio silencioso ás portas da comunidade internacional.

Pero en calquera caso, semella esta “escalada de violencia” (outro eufemismo) nos permitea abrir os ollos á sociedade internacional, aínda que as últimas medidas da Unión Europea, paralizando as axudas a Palestina, ou as verbas de Ursula Von der Leyen non parece que vaian por ese camiño.

Polo menos, a sociedade galega parece telo máis claro que a UE, e despois das masivas concentracións da semana pasada, repetirán as convocatorias esta mañá de domingo 22 de outubro.

  • Ubaldo Cerqueiro García. Cofundador do Xornal da Coruña, realizou unha visita social en 2011 a Cisxordania e Palestina.

Máis novas

Mohamed Safa: “Por que os palestinos non temos ese dereito á autodefensa que Europa si llo outorga a Israel? ou a Ucrania?”

ÚLTIMAS

Denuncian o esquecemento municipal do Centro de Orientación Familiar de Orillamar

Dende comezos de ano, unha vez pasado un tempo da xubilación da titular da...

O BNG presenta enmendas aos orzamentos da Xunta por máis de 80 millóns para a comarca da Coruña

Presentaban hoxe, en rolda de prensa,  as deputadas do BNG Mercedes Queixas e Iria...

A herculina Maia Freire proclámase doble campeona de España de Bádminton Sub 13

Continúa o Badminton Club do Mar demostrando que é unha das mellores canteiras de...

A Coruña substitúe o tren polo autobús durante unha semana

Con motivo das obras que Adif vai levar a cabo durante os días 10, 11,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here