InicioBARRIOSA MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma...

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Plataforma pola Igualdade e Contra aa Violencia de Xénero do Castrillón-Urbanización Soto “PICUS” ultima as úa convocatoria para a mañá deste mércores 25 de novembro. A partir das 11:00h, a plataforma convoca a veciñanza a participar nunha Concentración na Praza Pablo Iglesias, onde lerán un manifesto baixo o lema “Por un 25 de novembro pola igualdade e a non violencia no barrio de Castrillón-Urbanización Soto”.

Durante o evento, gardarase un minuto de silencio en memoria das mulleres asasinadas este ano. Leranse textos conmemorativos do Día Internacional e colocarase o lazo “PICUS” no monumento a Pablo Iglesias.

A Plataforma da Urbanización Castrillón-Soto pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero “PICUS” (poden contactar con ela en plataformapicus@gmail.com) está formada polas seguintes entidades: Centro Cívico Municipal de Castrillón, Biblioteca Municipal de Castrillón, Escola Infantil Municipal de Carricanta, Asociación de Pais e Nais da Escola Infantil Municipal de Carricanta, Asociación de Pais e Nais do Colexio de Primaria Fernández Latorre, Asociación de Pais e Nais do Instituto de Secundaria Monte das Moas, Asociación de Pais e Nais do Instituto de Secundaria Monte das Moas e Asociación de Veciños da Urbanización Castrillón-Soto “IAR”.

A MMM maniféstase na Coruña

Con todo, a cita máis importante será a que organiza a Marcha Mundial das Mulleres, este mércores a partir das 19:00 horas, con saída Obelisco e percorrerá Cantóns → Praza de Pontevedra → Praza de Galicia → Praza de Ourense, onde rematará diante da Delegación do Goberno en Galicia.

Unhas manifestacións que se desenvolveran e varios puntos de Galicia (como en Betanzos ás 19:30h no Cantón) baixo o lema “Vidas libres de violencia de xénero”.

 

ÚLTIMAS

Última fase das obras que unirán as dúas partes dos Xardíns de Méndez Núñez

Unha comitiva municipal supervisou este luns a fase final das obras que se están...

Este martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+

Xa está aquí a cuarta edición de Norte Cinema Diverso, o festival de cinema...

Condenan a Abanca a devolver máis de 20.000 euros estafados mediante phishing

O Tribunal de Instancia da Coruña condenou a Abanca a devolver 20.119 euros, máis...

O exalcalde da Coruña Xulio Ferreiro anuncia o seu apoio ao BNG: “É a candidatura que serve para avanzar”

O exalcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica ata 2019, Xulio Ferreiro, anunciou...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here