InicioCULTURAEste martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o...

Este martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+

Publicada o

Por Redacción

Xa está aquí a cuarta edición de Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+ da Coruña, que se celebrará entre os días 24 e 27 de novembro no Teatro Colón e na Filmoteca de Galicia.

Así o recolleron na presentación celebrada esta mañá no Teatro Colón o director do festival, Fernando Cayazzo; Jennifer Ruibal, integrante da organización e membro de CASCO; o concelleiro Gonzalo Castro; o produtor Renatto Mendoza; a directora e actriz Saamira Ganay; a actriz Berta Ojea; e Jaime Peña, representante da Filmoteca de Galicia.

A programación desta edición inclúe 16 producións, das cales cinco son galegas, repartidas entre catro longametraxes e 12 curtametraxes que abordarán cuestións relacionadas coa diversidade afectivo-sexual, a identidade de xénero, a memoria, os dereitos civís e a inclusión social.

A edición de 2026 contará por primeira vez coa colaboración da Filmoteca de Galicia, que acollerá o día 24 a sesión ‘Off Galicia. Curtas galegas Norte Cinema Diverso’, unha actividade que recuperará para a pantalla grande algunhas das curtametraxes galegas exhibidas nas tres primeiras edicións do certame.

De mércores a venrees no Colón

O festival abrirase oficialmente o mércores 25 de novembro cunha sesión dedicada ás mulleres directoras galegas, que incluirá as curtametraxes ‘Bolboreta’, de Lucinda Rey Escribano; ‘Corre’, de Saamira Ganay; e ‘Delincuente’, de Alba Domínguez Serén, ademais da longametraxe ‘As liñas descontinuas’, de Anxos Fazáns.

O programa continuará o día xoves 26 con dúas sesións temáticas. A primeira delas, ‘Camiños de pedra’, incluirá o documental ‘Chemsex, un viaje al interior’, unha proposta centrada na saúde sexual e o benestar. Posteriormente, a sesión ‘Identidades nas marxes’ abordará cuestións como a exclusión social, os dereitos das persoas trans e o acceso á vivenda.

A programación concluirá o venres 27 de novembro cun encontro entre público e participantes do festival, a sesión de curtametraxes ‘Traxectos’, unha actuación acústica do grupo Zavala e a gala de clausura, na que se entregará o premio Trini Falcés á mellor curtametraxe. O certame despedirase coa proxección da longametraxe ‘Iván & Hadoum’, de Ian de la Rosa.

O festival LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso enche a axenda coruñesa

ÚLTIMAS

O exalcalde da Coruña Xulio Ferreiro anuncia o seu apoio ao BNG: “É a candidatura que serve para avanzar”

O exalcalde da Coruña e líder da Marea Atlántica ata 2019, Xulio Ferreiro, anunciou...

Novos traballos de escavación arqueolóxica na Casa da Sinagoga

O Concello da Coruña deu comezo ao proxecto de novas excavacaciones arqueolóxicas na Casa...

Desmantelada unha tenda herbolario que funcionaba como punto de venda de drogas nas Conchiñas

Axentes da unidade de Udyco da Policía Nacional da Coruña desarticularon un establecemento que,...

Os traballadores de Eulen da limpeza de leitos fluviais conseguen, cun peche, unha reunión con Augas de Galicia

Arrincaron a semana pasada as súas mobilizacións para denunciar o seu despedimento. Os 10...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here