O Concello da Coruña deu comezo ao proxecto de novas excavacaciones arqueolóxicas na Casa da Sinagoga e a praza lindeira coa fachada norte do edificio, segundo informa. Este inmoble é un dos puntos patrimoniais máis relevantes da Cidade Vella debido aos restos históricos atopados no conxunto, cunha estrutura no subsolo que apuntaría á existencia dunha antiga mikvé no enclave.
Esta nova actuación, informa o goberno local, é “un paso previo para o inicio da rehabilitación do edificio para á posterior musealización e posta en valor do conxunto e da súa evidente relevancia histórica para a cidade”.
Os traballos consisten na excavacación en área no inmoble número 4 e 4 D de cálea Sinagoga, excluíndo a estancia C. En caso de atoparse restos arqueolóxicos, procederase ao seu rexistro análise, “executando, de ser necesario, unha consolidación de urxencia dos restos atopados”.

