InicioCULTURAZombies contra a turistización do Xacobeo, videoxogo "made in Coruña"

Zombies contra a turistización do Xacobeo, videoxogo “made in Coruña”

Publicada o

Por editor

A produtora coruñesa Melgo Cinema lanza o que presenta como “primeiro videoxogo dun Xacobeo”, co nome de “Camino Kaput” e que é “unha sátira sobre o turismo masivo”.  O videoxogo vén acompañado dun documental interactivo que explica o desenvolvemento feito por un equipo galego das universidades da Coruña e Vigo.

Este mércores 25 de novembro, ambos serán presentados no auditorio do Museo das Peregrinacións con representantes das entidades subvencionadoras, que son a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.  Os promotores destacan que “Camino Kaput” é “do estilo de ‘Plantas contra Zombies'” e explican que nel “se axuda a Santi, unha interpretación libre do apóstolo Santiago, a defenderse das ondas de turistas e peregrinos que invaden zonas de Galicia e do Camiño”.

“A historia aborda dun xeito simpático temas de actualidade como a turistificación, o dereito á vivenda, a relación coa contorna e a preservación da lingua galega. Estrutúrase nos niveis das catro estacións do ano con localizacións emblemáticas: as termas de Ribadavia, o Faro de Fisterra, a Praza do Obradoiro e a Praia das Catedrais”, explican.

ÚLTIMAS

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

A Plataforma pola Igualdade e Contra aa Violencia de Xénero do Castrillón-Urbanización Soto "PICUS"...

Última fase das obras que unirán as dúas partes dos Xardíns de Méndez Núñez

Unha comitiva municipal supervisou este luns a fase final das obras que se están...

Este martes arrinca na Filmoteca de Galicia o Norte Cinema Diverso, o festival de cinema LGTBIQ+

Xa está aquí a cuarta edición de Norte Cinema Diverso, o festival de cinema...

Condenan a Abanca a devolver máis de 20.000 euros estafados mediante phishing

O Tribunal de Instancia da Coruña condenou a Abanca a devolver 20.119 euros, máis...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here