InicioMOV. SOCIAISO alumnado do IES Durmideiras crea un dos carteis gañadores do certame...

O alumnado do IES Durmideiras crea un dos carteis gañadores do certame escolar do #8M

Publicada o

Por editor

Vén a Xunta de outorgar os premios da sétima edición do concurso de carteis escolares convocado co gallo do 8-M, Día Internacional da Muller. Foron 124 propostas as presentadas, e entre as escollidas como gañadoras, ademais das chegadas de centros educativos de Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz ou O Carballiño, é da Coruña.

Foi a obra presentada polo alumnado de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe Durmideiras a escollida co premio da terceira categoría, formulada para 3º e 4º ESO, Bacharelato, FP básica ou de ciclos de grao medio e superior.

O seu cartel titulado “Aínda queda moito por cambiar” serve para seguir incidindo na importancia de concienciar sobre a igualdade de oportunidades desde idades temperás. Neste caso, o certame que se organiza cada ano converteuse ademais nun espazo de intercambio de ideas e experiencias na loita contra a desigualdade.

ÚLTIMAS

A poeta Estíbaliz Espinosa ante a eclipse: “Levo anos traballando esa trenza cósmica de poesía que mira ao ceo, así que ando con textos...

A eclipse do 12 agosto poderá converterse, se cadra, nun acontecemento único na vida...

“Voa”, o novo himno oficial composto por Xoel López

O RC Deportivo presentou o seu novo himno oficial, "Voa", unha peza composta por...

Un incendio queima unha hectárea en San Pedro de Visma, na Coruña

Un incendio rexistrado este martes na zona de San Pedro de Visma, na Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here