Unha muller de 53 anos de idade faleceu nas últimas horas nun incendio rexistrado no seu domicilio, nun edificio da rúa Beiramar, en Perillo, no termo municipal de Oleiros.
Segundo informaron fontes municipais e do 061, a alarma saltou pouco despois das 3,00 horas, e o 112 Galicia informaba os servizos de emerxencias municipais, que acudiron ao lugar, xunto con efectivos do parque comarcal de bombeiros de Arteixo.
O incendio obrigou a desaloxar o edificio e todos os veciños saíron, salvo os ocupantes do piso inmediatamente superior onde produciuse o sinistro que, por indicación dos bombeiros, quedaron na súa vivenda ao non darse as condicións para poder saír de forma segura.
Como consecuencia do sinistro, faleceu a muller que ocupaba o piso afectado, que resultou con importantes danos e quedou, segundo fontes municipais, “inservible”.
Fontes do 061 Galicia informaron de que desprazaron ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo de Atención Primaria. Con todo, os profesionais só puideron confirmar o falecemento da muller.
Unha vez extinguidas as chamas e ventilado o inmoble, os veciños puideron regresar aos seus domicilios. De momento descoñécense as causas que orixinaron o lume, e xa se abriu unha investigación.
POSIBLE INICIO DO LUME NA HABITACIÓN
Como consecuencia do sinistro, faleceu a muller que ocupaba o piso afectado, e cuxo corpo foi localizado polos bombeiros ao acceder ao domicilio, unha vez sufocadas as chamas. Segundo informou o 112, os servizos de extinción “observaron que o lume puido iniciarse na habitación, e estendeuse ao baño e ao salón comedor”.
Unha vez extinguidas as chamas e ventilado o inmoble, os veciños puideron regresar aos seus domicilios. De momento descoñécense as causas exactas que orixinaron o lume, e xa se abriu unha investigación por parte do equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Betanzos.
Os Bombeiros de Arteixo piden tranquilidade ante a vaga de sucesos:
Semana complicada🔥 A raíz de noticias 🗞️ queremos transmitir calma 👥
Las emergencias 🚨son rachas y toca una mala 🤦🏻
Recuerda 🤔
☎️ @112Galicia
🙏🏻Sigue indicaciones profesionales
🧯Instala extintor y detector
⚠️Si es edificio NO abandones sin consentimiento profesionales https://t.co/ISKSVRnOxD— Parque Comarcal Bombeiros Arteixo (@BArteixo) March 7, 2024