InicioA CORUÑAOleiros licitou máis obras públicas que A Coruña en 2023

Oleiros licitou máis obras públicas que A Coruña en 2023

Publicada o

Por editor

A pesar da diferencia de tamaño e entidade, o Concello de Oleiros licitou en 2023 máis obras públicas que o Concello de A Coruña. Así se se extrae do informe de datos do pasado curso da Federación Galega da Construción, o que corrobora, segundo denuncia o PP, “a parálise municipal” e o “abandono dos barrios” por parte do goberno socialista herculino.

Segundo datos da Federación Galega da Construción o pasado ano o Goberno municipal licitou obras por un importe de 13,3 millóns de euros, sendo superado por Vigo (33,4M€), Ourense (20M€ ) e mesmo o concello de Oleiros. (17,4 millóns de euros).

Aproveita o voceiro do PP MIguel Lorenzo para lembrar os “150 millóns de euros para obras que Inés Rey deixou sen executar no anterior mandato a pesar da necesidade xeneralizada de equipamentos na cidade”, criticando de novo a baixa execución dos orzamentos do ano pasado.

”A esta escasa licitación súmase o feito de que as poucas obras licitadas polo goberno municipal provocan problemas aos coruñeses por non estar previamente pactadas. A falta de diálogo municipal cos veciños provocou protestas recentes como en Pintor Laxeiro ou Casas de Franco e preocupación entre os comerciantes de San Andrés, citando os exemplos máis recentes deste mandato”, critican dende o grupo da oposición.

ÚLTIMAS

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

Un home agride na Coruña a dúas técnicas de emerxencias e a un vixiante do Chuac

Un home agrediu na Coruña a dúas técnicas do servizo de emerxencias 061 e...

Morre un detido nunha operación antidroga nos calabozos da Garda Civil en Lonzas

Unha persoa detida e que se atopaba nos calabozos da Comandancia da Garda Civil...

O Centro de Arte FMJJ abre á cidadanía o seu novo espazo cultural na súa sede da Grela

Gaña un novo espazo cultural a cidade da Coruña. Se en 2018 perdía o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here