InicioBARRIOSPalavea celebra este sábado unha feira solidaria para realizar limpezas de praias

Palavea celebra este sábado unha feira solidaria para realizar limpezas de praias

Publicada o

Por editor

Fermosa a iniciativa que este sábado 16 de marzo, vai realizar a a Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea e a cooperativa Espiga. Ambas organizan a feira “RqR. Erre que erre cos pellets”, un evento olidario, cuxos fondos iráb destinados á compra de material para recollidas e limpezas de praias e como actividade de divulgación ambiental acerca da sostibilidade, reciclaxe e reutilización nun marco comunitario contando coa participación do barrio.

A cita desenvolverase no local da Asociación (Mercado Municipal de Palavea) e praza diante da mesma, e durante a xornada, dende as 15:00 ata as 22:00, haberá unha feira de artesanía, na que participarán, entre outros, Rebeca Cambreiro Fotografia (@poloreghocomaomineral), María de Dina de Lixo Atelier (@lixo.atelier), A eito complementos (@aeitocomplementos), Rashel pintura e Ilustración e Menino Morreu (@meninomorreu).

Tamén haberá un punto de intercambio onde se pode deixar o que se queira e coller o que se precise. Ás 16:00 h. haberá un Obradoiro de balde realizado por un artesán da feira.

Ás 17:30 h. terá lugar unha charla da Asociación Hábitat e ADEGA sobre a crise dos pellets, plásticos e microplásticos, así como información sobre as asociacións ecoloxistas que están actuando.
Ás 19:00 h. concerto do grupo de Musicoterapia de Abegondo e Palavea e a partir das 20:00 peche da feira con foliada.

Colaboran os negocios locais Naidedía e 237 lab. Entrenamiento personal, así como o Concello da Coruña

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here