InicioBARRIOSAbre o prazo de inscrición nas Escolas Infantís Municipais

Abre o prazo de inscrición nas Escolas Infantís Municipais

Publicada o

Por editor

Fica aberto dende hoxe, e ata o 11 de abril, o proceso de admisión para novos ingresos da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) de cara ao vindeiro curso 2024-2025. Un servizo gratuito para o que hai 680 prazas, das que 344 xa se reservaron para alumnos que renovan a súa matrícula

Deste xeito, nesta convocatoria ofertaranse un total de 336 prazas distribuídas nos oito centros municipais da cidade. Poderán solicitar praza na REIM nenos e nenas cunha idade mínima de 3 meses o día de inicio do curso e que non cumpriran os 3 anos o 31 de decembro do 2024.

Tendes toda a información en www.coruna.gal/educacion.

Calendario de admisión

● Prazo de solicitude de novos ingresos: Do 27 de marzo ao 11 de abril
● Publicación das listaxes de admitidos e non admitidos: 26 de abril
● Prazo de subsanación de documentación: Do 29 de abril ao 13 de maio
● Publicación das listas provisionais: 28 de maio
● Prazo de reclamacións e alegacións: Do 29 de maio ao 11 de xuño
● Listaxe definitiva de admitidos: 14 de xuño
● Matrícula: Do 17 ao 21 de xuño
● Inicio do curso: 6 de setembro

Distribución por escolas das prazas vacantes para o curso 2024/2025

AULAS A CARA
COLA
AGRA DO ORZÁN ARELA CARRI
CANTA
OS ROSALES LUIS SEOANE MONTE ALTO OS CATIVOS
0-1 (2023) 16 16 16 16 24 10 0 16
1-2 (2022) 10 10 23 22 15 11 12 11
2-3 (2021) 14 14 21 20 22 0 1 16

Máis novas

A iniciativa interxeracional “Recórdame” visita o pleno municipal

Traballadoras de escolas infantís da Coruña denuncian “precariedade laboral”

As traballadoras das Escolas Infantís reividican na rúa a súa relevancia social

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here