InicioA CORUÑAEn marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Publicada o

Por Redacción

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a “máis social e reivindicativa da historia do evento”. Aí afondou durante a presentación o director do festival, Manel Cráneo. “Nun momento coma o actual”, subliñou, “o Viñetas aposta pola banda deseñada como medio de transformación da sociedade na que vivimos e por iso a memoria social atravesará varias das exposicións, dende as experiencias das loitas sociais e a Guerra Civil española ata a mostra de autores e autoras palestinos na Fundación Luis Seoane, que se incorpora como sede do festival”.

Neste sentido, Cráneo destacou que o Viñetas 2026 bate o récord de entidades colaboradoras cun total de 24, que inclúen, dende institucións como os Museos Científicos ata asociacións como Autobán, CUAC FM ou Amigos de la Ópera de A Coruña, festivais  como Elas son artistas, organizacións como Amnistía Internacional, fundacións como Al Fanar e podcasts como El Nicho, de David Perdomo.

A cita, que coincidirá co eclipse total do día 12 de agosto, recibirá contará entre os días 10 e 16 de agosto con máis de 100 actividades para todos os públicos (obradoiros, cine, teatro, charlas, visitas guiadas, gravación de podcasts, espectáculos radiofónicos, un concerto ilustrado, encontros con autores e autoras, sinaturas e maratóns de debuxo); con máis de 70 autores e autoras e 24 exposicións.

Toda a programación pode ser consultada en www.vinetasdesdeoatlantico.com.

Viñetas

Viñetas desde o Atlántico mantén en 2026 as súas principais seccións que acompañan aos visitantes na súa experiencia no festival: Viñetas Expo; Viñetas Mini, con obradoiros diarios para público infantil, unha proxección cinematográfica e unha proposta teatral; Viñetas Show, cun concerto ilustrado, dúas proxeccións, unha obra teatral e dúas xornadas dedicadas a podcasts especializados de Galicia, Madrid e Cataluña; Viñetas Pro, con dúas clases maxistrais e unha sesión de revisión de proxectos para autores/as; un encontro e dúas expos para Viñetas inclusivas e a extensa programación de Rúa BD que contará con 38 casetas entre as que figuran as de 18 editoriais procedentes de todo o estado presentando novidades e dinamizando este espazo vital do festival.
Pero ademais, en 2026 incorpórase a nova sección que quere poñer en valor o traballo da Bibliotecas Municipais da Coruña arredor da banda deseñada, Viñetas Biblio.

Os Simpsons e Marcopola enchen Palexco

Da man da colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, a eclipse adiántase nas viñetas máis artísticas na expo Eclipse de viñetas, na que dez autoras e autores locais (Xulia Pisón, Diego Burdío, Paula Esteban, Uxía Larrosa, Xulia Vicente, Jorge Peral, Marcos Calo, Luis Yang e Paula Mayor, con Jordi Bayarri como autor convidado) reinterpretarán dende a súa mirada a historia científica e artística das eclipses.

Tamén no mes de xullo chegará o momento de abrir as portas dun dos recintos que máis público recibe sempre no Viñetas; Palexco será a sede das mostras de Jacobo Fernández e da colección de Raúl García. Na primeira delas percorreremos o universo persoal do creador da illa remeira máis coñecida da banda deseñada en España, mentres que na exposición Un paseo por Springfield.

O Kiosco Alfonso como escenario do cómic de memoria social

Xusto a carón, no epicentro do festival, o espazo expositivo do Kiosco Alfonso encherase counha ampla representación de obras de autores e autoras estatais unidos por un nexo: a memoria democrática e social na España do século XX. Así, os/as visitantes poderán desfrutar das obras O eco dos días rotos, de Alberto Taracido; Que el fin del mundo nos encuentre bailando e La piel como única bandera, de Sebas Martín; o xa histórico Paracuellos, de Carlos Giménez; Aquí donde estoy, de Tyto Alba e María Castro, e Caridad del Río, de Pep Brocal.

O programa expositivo completarase coas mostras de Miguel Robledo -autor do cartel desta edición- en María Pita; os premios Castelao na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, Elas son fantásticas, autoras galegas de banda deseñada deste xénero, no mesmo espazo; a exposición de ExpoFanzines de Autobán, na Biblioteca de Estudos Locais; Ston, de Xulia Pisón, na Casa Museo María Pita; unha exposición bibliográfica nas Bibliotecas Municipais, Trazos de memoria, e a incorporación da Fundación Luis Seoane como nova sede do festival coa expo Cómic palestino. Voces propias. Grito colectivo. Cómpre destacar a incorporación da Casa Museo Casares Quiroga como sede de mostras vencelladas á memoria histórica que, nesta ocasión albergará ‘La guerra civil’ de Paul Preston, mostra que recolle o exitoso traballo de adaptación á banda deseñada das obras do historiador británico realizada polo autor José Pablo García.

Ademais diso, o Viñetas paralelas de 2026 contará con tres sedes: o Circo de Artesáns, cunha expo de colectivos de banda deseñada portugueses, o Bar 13, con Óscar Lojo e Tranvía, con unha exposición de Fento Studio.

 

 

ÚLTIMAS

O Noroeste ábrese a novos públicos

Queirámolo ou non moitos da xeración dos 80-90, o Festival Noroeste xa non é...

Novas alegacións veciñais e políticas contra a urbanización do Parque da Agra

Tralas alegacións respaldadas por máis de 5.800 presentadas pola veciñanza do barrio, tanto a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here